top of page

PREVIA X28 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | ADC Lugo Sala Acasti Reformas - Noia Portus Apostoli FS | En busca de tres fundamentais puntos

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • May 9
  • 2 min read

Venres, 09/05/2025 · 17:50h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos pretenden conseguir en Lugo (dom. 11/05, 12:00h) unha importante vitoria para asegurar o primeiro posto e quen sabe se algo máis.


O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS visita este domingo 11 ás 13:00h o Municipal dos Deportes de Lugo, onde se enfrontará ao ADC Lugo Sala por unha 28ª xornada ligueira na que quere volver á senda do triunfo, tras dous partidos sen logralo, para achegarse a un campionato que xa podería lograr esta fin de semana.


Por segunda data seguida, os noieses e o 5 Coruña FS calcaron resultado na batalla pola primeira praza. Neste caso, un empate que mantivo aos de Daniel Ventoso con catro puntos de vantaxe como líderes e, ademais, deulles o billete matemático ao Campionato de España. Agora, recuperar a vitoria podería resultar decisivo, ao faltar tan só tres encontros para que finalice o torneo ligueiro. Incluso, no caso de que o segundo clasificado perda en O Carballiño, proclamaría campión ao Xuvenil DH noiés.


Pero o primeiro e esixente paso será o de superar ao ADC Lugo Sala Acasti Reformas, outro duro rival neste tramo final de curso. Os lucenses son 8º con 41 puntos, e, aínda que non poden mellorar esa posición, ansían ampliar un gran estado de forma que dura máis de 2 meses sen perder, incluíndo un triunfo sobre os coruñeses.


No enfrontamento da primeira volta contra o ADC Lugo Sala Acasti Reformas produciuse a clasificación á Copa de España FS. No que se vén este domingo, os noieses teñen, como mínimo, a opción de tocar cos dedos un novo soño que está na súa man.



Precedentes

·21 de decembro de 2024 | X13 Xuvenil División de Honra FS – Grupo I 2024/2025 | NPA 4-0 LUG

Comments


bottom of page