top of page
campañadeabonos2627.jpg

CAMPAÑA DE ABONADOS 2026/2027

PRAZO RESERVA ASENTOS

(do 2 ao 22 de xuño, ambos incluídos)

O Club activou para os abonados da finalizada campaña 2025/2026 un prazo de reserva dos seus asentos durante estas datas. Ao rematar este período, os asentos dos abonados que non renovaran quedarán liberados.

CAMBIO DE ASENTO

Se os abonados desexan cambiar de asento, só poderán facelo no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) e, obviamente, a outro asento que xa estea libre.

NOVAS ALTAS

Os novos abonados poden tramitar a súa alta desde xa mesmo nos asentos libres.

ONDE ME PODO ABONAR?

Método online

npa-cle-para-web-abonos.jpg

Método presencial

TIPOS DE ABONO

Como novidade respecto a temporadas pasadas, tanto as renovacións como as novas altas abonarán o mesmo prezo:

·ABONO SENTIMENTO: 215€ (INCLÚE todos os partidos de todas as competicións, así como os Días do Club, o IX Trofeo Portus Apostoli e o Filial de Segunda División “B”)

·ABONO XERAL: 195€ (Maiores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción dos declarados Día do Club. Tamén inclúe o Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE os partidos do resto de competicións nin o IX Trofeo Portus Apostoli)

·ABONO MOZO: 130€ (Menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción dos declarados Día do Club. Tamén inclúe o Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE os partidos do resto de competicións nin o IX Trofeo Portus Apostoli)

·ABONO FAMILIAR: 410€ (SÓ SE PODE REALIZAR NO LOCAL SOCIAL. Matrimonio + 2 fillos menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción dos declarados Día do Club. Tamén inclúe o Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE os partidos do resto de competicións nin o IX Trofeo Portus Apostoli)

·ABONO FILIAL: 50€ (Soamente aplica para os partidos do Filial de Segunda División “B”)

TOLOS-POR-TI-INTRO-WEB.jpg

Tal e como se aprobou na última Asemblea Xeral Ordinaria, os carnets de abonado son nominativos, persoais e intransferibles, é dicir, só poderá asistir co mesmo aos partidos a persoa á que está asignada o carnet, a excepción do carnet de empresa (consultar condicións no Local Social).

Coa intención de reducir a utilización de plásticos e contribuír a preservar o noso medio ambiente, desde o Club ponse a disposición dos abonados a posibilidade de posuír o carnet de abonado tan só en formato dixital, xa sexa en PassBook, PassWallet ou PDF. Así mesmo, os abonados que desexen ter o seu carnet en formato físico poderán solicitalo no Local Social.

bottom of page