top of page
escuela24-25.jpg

ESCOLA NOIESA

INSCRICIÓN 2026/2027

ESCOLA-NOIESA-2026-2027-INSCRICIÓN-STORIES.jpg

A Escola Deportiva Noiesa xa prepara a nova temporada... e contamos contigo! Aberto o prazo de inscrición para todos os nenos e nenas nados entre 2008 e 2022 que queiran gozar, aprender e competir no noso deporte e defendendo o noso escudo, desde Biberón ata Xuvenil.

Onde podo realizar a inscrición?

A inscrición poderase realizar tanto no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia), no seu horario de apertura, como no formulario online.

Ao igual que a temporada pasada, os nenos/as pertencentes á categoría Biberón (nados en 2021 e 2022) NON terán que realizar o pago correspondente á inscrición, si o relativo ao pack de roupa obrigatorio.

Procedemento de pago da cota*

 

A cota total de inscrición é de 200€, un pago sobre o que o Club pon a disposición de todas as familias interesadas a opción de realizalo de maneira fraccionada.

 

O primeiro pago a modo de matrícula consta de 80€ e levarase a cabo ao formalizar a inscrición. A este engádenselle 6 mensualidades (outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo) de 20€ cada unha, que completarán a cota total de 200€ e que se abonarán por medio de domiciliación bancaria. No caso de inscrición dun segundo irmán, a cota será de 150€.

 

Da mesma forma, o Club tamén pon a disposición a opción de realizar o pago da cota ao contado a principio de temporada a todas aquelas familias que o desexen.

Reunión informativa

 

A comezos de setembro realizarase unha reunión informativa para pais, nais e titores legais, da cal o Club informará proximamente nas súas canles oficiais sobre día, hora e lugar.

Pack de roupa

​​

O prezo do pack de roupa obrigatorio será de a partir de 100€ para os nenos/as pertencentes á Escola Noiesa a temporada pasada e de a partir de 170€ para os novos inscritos.

Idades e categorías

Biberón: 2021-2022

Prebenxamín: 2019-2020

Benxamín: 2017-2018

Alevín: 2015-2016

Infantil: 2013-2014

Cadete: 2011-2012

Xuvenil: 2008-2009-2010

Contacto

Para máis información, o Club habilita as vías de contacto de e-mail a escuela@noiafutbolsala.com e do número de teléfono 630 84 32 86, soamente por WhatsApp.

bottom of page