top of page

CRÓNICA X4 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 6–3 5CO) | Gran partido e outro triunfo

5 hours ago
2 min read
Martes, 13/10/2026 · 15:31h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Por terceira xornada consecutiva, os de Pablo Cardoso se fixéronse coa vitoria grazas a unha positiva actuación.
Martes, 13/10/2026 · 15:31h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Por terceira xornada consecutiva, os de Pablo Cardoso se fixéronse coa vitoria grazas a unha positiva actuación.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS logrou a súa terceira vitoria consecutiva o domingo, ao superar ao 5 Coruña FS (6-3) nun partido de moito ritmo desde principio a fin.



Os goles chegaron pronto. Mamadou adiantou aos noieses cunha típica xogada de pivote no 3’, pero, na acción posterior, o 5 Coruña FS reinstaurou o empate. Os brancos volveron a adiantarse ao ecuador do primeiro tempo e, de feito, golpearon dobre. Un forte xute de Mario Fernández colocou o 2-1, pouco antes de que Hugo Martínez, cun remate sutil ante a saída do porteiro, fixera o 3-1.


Hugo Martínez fixo o terceiro | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Hugo Martínez fixo o terceiro | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Moitas ocasións e máis goles


O equipo noiés seguiu facendo botín na segunda metade. Bosco no 25’ e Cepeda no 27’ cun auténtico golazo elevaban o 5-1 ao marcador. Unha ampla vantaxe que, polo gran número de oportunidades claras xeradas, incluso puido ser maior. O conxunto herculino quixo aproveitarse diso para volver a meterse no partido e, a dous minutos do final, conseguiron o 5-3. Porén, Mario Fernández destruiu calquera esperanza visitante no 39’, co definitivo 6-3.


Con este novo triunfo, o Xuvenil DH noiés aúpase ata a 4ª posición con 9 puntos, nunha táboa onde lidera o IES Coruxo FS como único equipo con expediente perfecto de 12 unidades.



Próximo partido


O camiño ligueiro continúa coa 5ª xornada este sábado 17 de outubro ás 16:00h, visitando ao CD Inter Sala Casas Rurales El Rincón del Abuelo.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS: Mateo Castro (p), Hugo Martínez, Kevin Fernández, Pablo Crespo e Mamadou. Tamén xogaron Lucas Purriños (p), Mario Fernández, Tomás Cabaleiro, Bosco, Cepeda (c), Martín Forján, Pablo Costa, Darío Vilariño e Adri Yáñez.


5 Coruña FS: Sergio (p) (c), Darío, Lucas, Patu e Dosantos. Tamén xogaron Xoel (p), Brais Alvo, D’Alisio, Nico García, Guillem, Hugo e Gonzalo.


Goles: 1-0 Mamadou (3’), 1-1 Dosantos (3’), 2-1 Mario Fernández (10’), 3-1 Hugo Martínez (11’), 4-1 Bosco (25’), 5-1 Cepeda (27’), 5-2 Guillem (28’), 5-3 Lucas (38’), 6-3 Mario Fernández (39’).


Os árbitros Rafael Alberto Tovar Rodríguez e Saúl Cabo González amoestaron con tarxeta amarela ao coruñés Guillem (18’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 4 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

Comments


bottom of page