top of page

CRÓNICA X3 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (TRO 2–4 NPA) | Segundo triunfo consecutivo

6 days ago
2 min read
Luns, 05/10/2026 · 18:50h | Os noieses superaron ao cadro betanceiro, dando continuidade ás boas sensacións da anterior xornada.
Luns, 05/10/2026 · 18:50h | Os noieses superaron ao cadro betanceiro, dando continuidade ás boas sensacións da anterior xornada.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS sacou os tres puntos da súa visita a Betanzos (2-4), certificando así a segunda vitoria consecutiva.


Ao igual que seis días antes, os noieses abriron a lata no primeiro minuto de xogo, grazas ao tanto de Pablo Crespo en acción de saque de esquina. O Troula repúxose de manera instantánea, encontrando no 3’ o empate, cunha desafortunada xogada na que Kevin Fernández anotou en propia meta. Os de Pablo Cardoso recuperaron a vantaxe no 14’, froito do gol de penalti de Darío Vilariño.


Dous goles máis


O Portus Apostoli afianzou o seu dominio e renda no marcador xa na segunda metade. Darío Vilariño selou o seu doblete ao recoller no segundo pau un pase de Adri Yáñez, previa acción colectiva de moito mérito e que demostra os pasos adiante que dá o equipo.


Co 1-4 de Pablo Crespo, nun disparo de tiro libre indirecto, os noieses deixaron visto para sentenza o choque. Só co porteiro-xogador e a menos dun minuto para o final puideron dar unha mínima resposta os betanceiros, co definitivo 2-4. Tras este resultado, os nosos aúpanse á 5ª posición con 6 puntos.


Próximo partido


O equipo de Pablo Cardoso xogará contra o 5 Coruña FS este domingo 11 de outubro a partir das 12:45h no Municipal Agustín Mourís pola 4ª xornada ligueira.



Ficha técnica

Troula Betanzos FS: Javier Muíño (p), Diego Fernández, Mateo Gilsanz, Yago Suárez e Abel Varela. Tamén xogaron Álvaro Vázquez (p), Hugo Ramos, Brais Sánchez, Yago Cortés, Miguel Vázquez, Lucas López e Martín Barros (c).


Noia Portus Apostoli FS: Mateo Xosé (p), Hugo Martínez, Pablo Crespo, Kevin Fernández e Mamadou. Tamén xogaron Mateo Castro (p), Martín Forján, Bosco (c), Tomás Cabaleiro, Pablo Costa, Darío Vilariño, Alén Muñiz e Adri Yáñez.


Goles: 0-1 Pablo Crespo (1’), 1-1 Kevin Fernández, en propia portería (3’), 1-2 Darío Vilariño, de penalti (14’), 1-3 Darío Vilariño (23’), 1-4 Pablo Crespo (34’), 2-4 Martín Barros (40’).


Os árbitros Roberto Segundo Amor Vizoso e Mayra Camila Araujo amoestaron con tarxeta amarela nos betanceiros a Diego Fernández (36’) e Martín Barros (38’). Nos noieses, amarelas a Hugo Martínez (14’), Kevin Fernández (28’) e o adestrador Pablo Cardoso (33’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 3 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal José Mª Valeiro Iglesias “Tocayo” de Betanzos.

Comments


bottom of page