PREVIA X4 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – 5 Coruña FS | Seguir medrando

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS disputa este domingo 11 ás 12:45h o seu compromiso da 4ª xornada de Liga, no que recibirá no Municipal Agustín Mourís ao 5 Coruña FS.
Tras a goleada sobre o Sibuscascoche Ribeira FS na segunda data, os brancos asinaron en Betanzos a súa segunda vitoria consecutiva, na que demostraron que tamén saben impoñerse en marcadores máis curtos. Un paso máis para o renovado grupo dirixido por Pablo Cardoso, que ansía continuar medrando partido a partido como equipo e nunha táboa en fase de construción.
Un 5 Coruña FS que empezou de máis a menos
O 5 Coruña FS alcanza o Mourís en 9ª posición con 4 puntos. O seu concurso ligueiro comezou cun triunfo, pero nas dúas seguintes xornadas quedaron nun empate e, no resultado máis recente, unha derrota por 1-3 contra o líder IES Coruxo FS. Os herculinos tratarán de regresar á senda dos tres puntos para subir postos e intentar colocarse, un ano máis, entre os de arriba.
Emisión en directo
Esta temporada, salvo posibles excepcións, os partidos como local do Xuvenil DH noiés non se emitirán en directo.
Precedentes
·6 de outubro de 2024 | X4 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 3-2 5CO
·15 de febreiro de 2025 | X19 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | 5CO 4-3 NPA
·20 de decembro de 2025 | X11 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | 5CO 2-2 NPA
·3 de maio de 2026 | X26 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 11-2 5CO





Comments