top of page
campusdeveran24-25.jpg

XVIII CAMPUS DE VERÁN

XVIII-CAMPUS-DE-VERÁN-STORIES.jpg

Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS chama á porta coa súa 18ª edición! Ata o xoves 6 de agosto estará aberto o prazo de inscrición para os nenos/as nados entre 2010 e 2022 que queiran gozar, do luns 17 ao venres 21 de agosto, da cita estival por excelencia do Club.

Por diante, unha semana en horario de 10:00h a 13:30h para aprender sobre fútbol sala, os valores positivos que transmite o deporte, o compañeirismo e os bos hábitos alimenticios coa nosa merenda saudable, sempre cargado de enormes doses de diversión!

Inscrición e cota
 

A inscrición levarase a cabo no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia) e por vía online ata o xoves 6 de agosto, incluído.

As cotas de inscrición serán as seguintes:
 

·Xeral: 65€

·Xogador Escola Noiesa 2025/2026: 55€
 

Para o segundo irmán, aplicarase un desconto do 30%. No caso dun terceiro irmán, o desconto será do 50%.

A cota inclúe a equipación oficial do XVII Campus de Verán, consistente nunha camiseta e un pantalón.

bottom of page