top of page

O Xuvenil de División de Honra certifica un histórico billete ao Campionato de España

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • May 6
  • 1 min read

Martes, 06/05/2025 · 10:20h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os dirixidos por Daniel Ventoso buscarán nas tres xornadas ligueiras que restan facerse co título de campións de grupo.


O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS volveu a facer historia. Tras meterse de maneira brillante na Copa de España Xuvenil FS, os de Daniel Ventoso selaron esta fin de semana o seu billete para o Campionato de España, onde os dous primeiros de cada un dos oito grupos se disputarán o cetro xuvenil nacional.


O empate ante O Parrulo Ferrol FS do pasado xoves semellaba retrasar polo menos unha semana máis a proeza do que, lembremos, é un equipo recentemente ascendido á categoría. Pero o resto de resultados da xornada propiciaron que, a falta de tres partidos para concluír a Liga, os noieses conseguiran o segundo dos obxectivos competitivos plantexados durante o transcurso do torneo.


Por cumprir está o terceiro e último: proclamarse campións deste Grupo I, algo que, ademais, daría factor cancha na primeira rolda. Quedan 9 puntos por repartirse e os brancos manteñen 4 de diferenza no liderado sobre o 5 Coruña FS. Nos seus últimos dous compromisos ambos concederon, o que deixa claro que nestes tres partidos finais aínda poden pasar moitas cosas. E, aínda que xa teñan unha parte do botín baixo o brazo, os noieses están cos cinco sentidos postos en seguir dando o máximo para engadir un logro máis a unha temporada xa para a historia.

Comentarios


bottom of page