top of page

PREVIA FASE FINAL CAMP. DE ESPAÑA SUB-19 DE CLUBES | Unha nova oportunidade para seguir facendo historia

  • 1 day ago
  • 3 min read

Updated: 6 hours ago

Xoves, 18/06/2026 · 15:35h | O conxunto noiés entra en liza (ven. 19/06, 13:00h. TV: YouTube RFEF) na súa cuarta fase final consecutiva con ansias de desquite e ambición de loitar por todo.
Xoves, 18/06/2026 · 15:35h | O conxunto noiés entra en liza (ven. 19/06, 13:00h. TV: YouTube RFEF) na súa cuarta fase final consecutiva con ansias de desquite e ambición de loitar por todo.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS remata esta fin de semana a unha nova temporada para o recordo. E non só a iso, senon a un ciclo memorable. Na súa segunda fase final do curso, cuarta nos últimos dous anos, os rapaces de Pablo Cardoso buscarán facer máis historia. Empezando polo duelo de cuartos de final deste Campionato de España Sub-19 de Clubes de Las Rozas (Madrid), no que se verán as caras o venres 19 ás 13:00h co Voladuras Carthago Jimbee Cartagena, verdugo noiés na Copa de Granada.


O pasado 30 de maio, os brancos ergueron o seu segundo título consecutivo do Grupo 1 da Xuvenil División de Honor FS. Con máis puntos (79) e máis vitorias (26), superaron claramente os seus rexistros da 2024/2025 e impuxéronse ao CD Inter Sala Adarsa Mercedes no man a man sostido ata a última xornada. O éxito deulles acceso aos oitavos de final da fase previa deste Campionato, onde se desfixeron dun dos habituais ‘galos’ da categoría, o Aljucer ElPozo Murcia FS, nun partidazo (7-6) no Mourís. Así, e con 9 triunfos seguidos, o equipo noiés plántase nesta fase final coa moral e a confianza polas nubes, ademais da experiencia necesaria, sempre un grao neste tipo de competicións, e conscientes de que para a gran maioría será a última oportunidade de loitar por algo deste calibre a nivel xuvenil.


Un total de 17 xogadores formarán parte da expedición noiesa, dos que 14 entrarán en convocatoria de partido: #5 Jorge Santiago, #7 Iván León, #8 Danito, #9 Oliver Chenel, #10 César (c), #11 Álvaro, #13 Koeman, #17 Cepeda, #19 Xavi Souto, #20 Gabi, #21 Iago López, #22 André, #23 Cristian (p), #77 Bosco, #80 Hugo Veiga, #97 Miguel Romero e #98 Mosquera (p). Con 28 goles en 19 partidos, Oliver Chenel foi o máximo anotador do conxunto na Liga; 5 fixo Gabi en dous partidos na Copa de Granada; Koeman, dúas veces internacional con España Sub-19, xa deu o salto ao Primeiro Equipo. En partidos e/ou adestramentos estiveron tamén Álvaro, Gabi, Iago López, Mosquera e Cristian. Pase o que pase, logren o que logren esta finde en Madrid, para estes rapaces isto só é o comezo.


Última semana de adestramentos con todo o foco en Las Rozas | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Última semana de adestramentos con todo o foco en Las Rozas | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Ganas de desquite


O destino quixo que, ao igual que nas semifinais da Copa de España Xuvenil FS, o Noia Portus Apostoli FS se cruce co Voladuras Carthago Jimbee Cartagena, esta vez nos cuartos. O equipo da trimilenaria levaría o gato á auga por detalles naquel axustadísimo e divertidísimo duelo en Granada e, a posteriori, o título de campións, así como no Grupo 7, impoñéndose precisamente ao Aljucer ElPozo Murcia FS, anterior rival noiés, cunha ficha de 81 puntos, 26 vitorias, 3 empates e 1 derrota. Desta forma, os cartaxeneiros chegarán a Las Rozas coa ambición de conquistar o triplete. Aínda que, para iso, primeiro terán que superar a un Portus Apostoli que, inevitablemente, ten ganas de desquite.


Completan a nómina de equipos participantes nesta fase final os seguintes: CD Inter Sala Adarsa Mercedes (Grupo 1), Rioja Sala (Grupo 2), Sala 5 Martorell (Grupo 3), Barça (Grupo 3), MRB FS Móstoles (Grupo 4) e Entrerríos Automatización (Grupo 6).



Declaracións previas


Horarios e o cadro


Cuarto de Final 1: Rioja Sala – Sala 5 Martorell | Venres 19 de xuño (11:00h) | Pavillón Municipal La Marazuela


Cuarto de Final 2: Barça – MRB FS Móstoles | Venres 19 de xuño (11:00h) | Cidade do Fútbol de Las Rozas


Cuarto de Final 3: Voladuras Carthago Jimbee CartagenaNoia Portus Apostoli FS | Venres 19 de xuño (13:00h) | Cidade do Fútbol de Las Rozas


Cuarto de Final 4: CD Inter Sala Adarsa MercedesEntrerríos Automatización | Venres 19 de xuño (13:00h) | Pavillón Municipal La Marazuela


---------------


Semifinal 1: Gañador Cuarto de Final 1 - Gañador Cuarto de Final 2 | Sábado 20 de xuño (17:00h) | Pavillón Municipal La Marazuela


Semifinal 2: Gañador Cuarto de Final 3 - Gañador Cuarto de Final 4 | Sábado 20 de xuño (17:00h) | Pavillón Municipal Navalcarbón


---------------


Final: Gañador Semifinal 1 - Gañador Semifinal 2 | Domingo 21 de xuño (17:30h)


Emisión en directo

O torneo poderase seguir, gratis, en directo e en exclusiva, a través das canles oficiais da RFEF (YouTube e redes sociais).


O desprazamento

A expedición noiesa púxose en marcha rumbo á capital o xoves pola tarde.

bottom of page