top of page

CRÓNICA X7 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (COR 3–3 NPA) | Un punto na pista do líder

3 hours ago
2 min read
Luns, 02/11/2026 · 19:23h | Os brancos igualaron forzas co primeiro clasificado nun encontro que puideron levar na segunda metade.
Luns, 02/11/2026 · 19:23h | Os brancos igualaron forzas co primeiro clasificado nun encontro que puideron levar na segunda metade.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS saíu o sábado da pista do líder IES Coruxo FS cun punto máis, tras un empate (3-3) que os noieses non lograron desfacer para o seu lado nun choque de vertixe.


A acción desatouse desde o asubío inaugural. Os locais adiantáronse na súa primera xogada de ataque e a réplica noiesa chegou xusto a continuación, xentileza de Hugo de la Peña. Nin 120 segundos pasaran e o marcador reflectía un 1-1. Pouco máis tardou Pablo Costa en colocar, no minuto 5, o 1-2. Porén, o cadro vigués conseguiu darlle a volta ao resultado antes do descanso, colocando o 3-2 nos segundos finais do acto inicial.


Resistiuse o cuarto gol


Mario Fernández reinstaurou a igualada desde o punto de penalti no minuto 23. E, incriblemente, o electrónico non se movería nunca máis. A pesar do dominio dos noieses, que manexaron a pelota durante boa parte da segunda metade e tiveron as mellores oportunidades para levar os tres puntos.


Finalmente, un máis e son 14 desde a 4ª praza para o Portus Apostoli, que se mantén a cinco do líder IES Coruxo FS tras sete partidos.



Próximo partido


Os de Pablo Cardoso recibirán ao Valladolid Tierno Galván FS o domingo 8 de novembro ás 12:45h na xornada 8 do campionato ligueiro.



Ficha técnica

IES Coruxo FS: Manuel Garrido (p) (c), Nicolás Solera, Fabio da Silva, Brais González e Gorka Fandiño. Tamén xogaron Anxo González, Artai Amoedo, Ángel Loureiro, Martín Rodríguez, Gabriel Pascual, Ignacio Herrero e Javier Rolland.


Noia Portus Apostoli FS: Mateo Castro (p), Pablo Costa, Cepeda (c), Hugo de la Peña e Mario Fernández. Tamén xogaron Lucas Purriños (p), Hugo Martínez, Adri Troitiño, Mamadou, Pablo Crespo, Bosco, Kevin Fernández, Darío Vilariño e Adri Yáñez.


Goles: 1-0 Fabio da Silva (1’), 1-1 Hugo de la Peña (2’), 1-2 Pablo Costa (5’), 2-2 Ángel Loureiro (12’), 3-2 Fabio da Silva (20’), 3-3 Mario Fernández, de penalti (23’).


Os árbitros Adrián Buján Barciela y Alejandro Rodríguez Travieso amoestaron con tarxeta amarela nos vigueses a Fabio da Silva (4’ e 40’), Artai Amoedo (8’), o adestrador Jorge González (23’) e Manuel Garrido (40’). Nos noieses, amarelas a Mamadou (8’), Darío Vilariño (18’), Mario Fernández (25’) e Pablo Crespo (40’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 7 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Pavillón As Travesas de Vigo.

Comments


bottom of page