CRÓNICA X8 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 5–4 VTG) | Reacción e vitoria

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS fíxose con tres puntos máis na casa, non sen sufrimento na visita do Valladolid Tierno Galván FS (5-4).
O choque comezou de forma inmellorable. Unha gran acción colectiva posibilitou o 1-0 a pracer de Hugo de la Peña no 2’. Porén, non tardou en empatar o Valladolid Tierno Galván FS, que a partir de aí logrou abrir o partido, aproveitándoo para colocarse 1-3 en vantaxe. Os noieses reduciron danos por medio dun disparo afastado de Pablo Crespo xusto antes do descanso.

Remontada exprés
O paso por vestiarios non freou a reacción local. Cepeda, cun golazo no 21’, e Hugo de la Peña, no 23’ finalizando unha transición, devolveron a iniciativa aos de Pablo Cardoso. Só por uns momentos, xa que os valisoletanos puxeron o 4-4 nunha acción protestada polos brancos. Aínda así, souberon repoñerse e, grazas ao tanto de Kevin Fernández, rubricouse un 5-4 que non puido sentenciar o equipo noiés tras a expulsión dun visitante, nin empatar os pucelanos con porteiro-xogador nos últimos segundos.
O Xuvenil DH branco ocupa despois de oito partidos a 4ª posición con 17 puntos.
Próximo partido
O conxunto branco recibirá ao Redondela FS Rodavigo o vindeiro domingo 15 ás 12:45h pola 9ª data de competición.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Mateo Xosé (p), Hugo de la Peña, Bosco, Cepeda (c) e Mario Fernández. Tamén xogaron Hugo Martínez, Mamadou, Pablo Crespo, Pablo Costa, Darío Vilariño e Kevin Fernández.
Valladolid Tierno Galván FS: Diego García (p), Daniel Gutiérrez, Gonzalo Placer, Sergio Fernández e Arturo González. Tamén xogaron Jaime de Teresa (p), Abel Martínez (p), Mario Rey, Daniel Valtuille (c), Álvaro Casado e Hugo Ibáñez.
Goles: 1-0 Hugo de la Peña (2’), 1-1 Gonzalo Placer (4’), 1-2 Gonzalo Placer (14’), 1-3 Mario Rey (18’), 2-3 Pablo Crespo (19’), 3-3 Cepeda (21’), 4-3 Hugo de la Peña (23’), 4-4 Mario Rey (25’), 5-4 Kevin Fernández (33’).
Os árbitros Carlos Jesús González Pardal e Marcos Noya Pardo amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Darío Vilariño (24’). Nos pucelanos, amarelas a Álvaro Casado (13’), Gonzalo Placer (21’) e Daniel Valtuille (25’ e 37’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 8 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.





Comments