RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Marcadores da segunda semana!
- Departamento prensa Noia PA FS
- Sep 22
- 1 min read

Luns, 22/09/2025 · 16:52h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Así se desenvolveu a segunda semana de competición para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS!
XUVENIL DH 5-4 Carballiño FS
Amistoso | VEN. 19/09 | 21:30h
O Xuvenil de División de Honra sumou unha vitoria no seu primeiro amistoso de pretemporada, ao superar por 5-4 ao Carballiño FS. Os tantos noieses corresponderon a Gabi, Miguel Romero x2, André e Marco, este último desde o punto de dez metros.
Alto do Vento FS 9-2 CADETE
X2 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 21/09 | 19:00h
O Cadete de Pablo Cardoso caeu por 9-2 no seu duelo da 2ª xornada ligueira ante o Alto do Vento FS. Os goles brancos foron de Massamba Diop e Luis García-Lalinde. Na táboa os nosos son 9º con 3 puntos.
Alto do Vento FS 7-3 INFANTIL
X2 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | SÁB. 20/09 | 19:30h
O Infantil de Iván Fernández e Iván Insua tampouco puido sumar ante o Alto do Vento FS, que levou o encontro da 2ª xornada por 7-3. Os tantos noieses sumáronos Manuel Fernández, Ruy Caamaño e Hugo Tuñas. Na clasificación sitúanse 10º con 1 punto.
Comments