Dani Colón apuntala o pivote noiés
- 1 hour ago
- 1 min read

Daniel Colón Martín (León. 02/09/2003) pecha o posto de pivote do Noia Portus Apostoli FS 2026/2027. A súa incorporación prodúcese en calidade de cedido por unha temporada desde o Inter JP Financial.
Colón é un pivote diestro de fixación e moita presenza, aínda que tamén con habilidade para desestabilizar defensas desde a movilidade. A pesar da súa xuventude, conta co aval de disputar minutos de alto nivel durante as últimas tres campañas co conxunto interista, ao que se sumou procedente do seu Club de formación, o CDE El Valle.

Un talento mozo con ganas de seguir medrando, agora nun Portus Apostoli que, nos últimos anos, demostrou ser un ecosistema excelente para este tipo de xogadores.
Benvido á túa nova casa, benvido a Noia, Dani!





Comments