top of page

Juampi Cuello, máis carácter e solidez para o peche

  • 1 day ago
  • 1 min read
Xoves, 16/07/2026 · 12:00h | O internacional arxentino chega procedente de Osasuna Magna e asina por unha temporada.
Xoves, 16/07/2026 · 12:00h | O internacional arxentino chega procedente de Osasuna Magna e asina por unha temporada.

O peche Juan Pablo ‘Juampi’ Cuello (Bos Aires, Arxentina. 30/10/1996) convértese na terceira incorporación do Noia Portus Apostoli FS para o curso 2026/2027. Procedente de Osasuna Magna, o internacional arxentino comprométese por unha temporada.


América del Sud e Boca Juniors foron os equipos que defendeu no seu país, logrando dúas Supercopas e unha Copa de Ouro cos Xeneize. Na campaña 2024/2025 deu o salto a Europa co ACD Caxinas Poça Barca luso e, na pasada, á Liga española, ao sumarse a Osasuna Magna. Nas filas navarras aportou un gol ligueiro, curiosamente anotado no Agustín Mourís, ademais da súa entrega, sacrificio e bo facer defensivo, que o establecen como un estilete de moito valor nese apartado.


O seguinte celebrarao como noiés | Imaxe: Foto Pichero
O seguinte celebrarao como noiés | Imaxe: Foto Pichero

Cuello é un dos habituais nas recentes convocatorias da Selección Arxentina absoluta dirixida por Matías Lucuix. De feito, figurou na lista da Copa América 2026, na que se colgou a medalla de prata e conseguiu un dos goles do torneo.


Benvido a Noia, que xa é a túa nova casa, Juampi!

Comments


bottom of page