top of page

Di Fanti e a súa experiencia de alto nivel blindan a portería noiesa

  • 1 hour ago
  • 1 min read
Mércores, 15/07/2026 · 12:00h | O gardameta brasileiro, dúas veces campión da Copa Libertadores, reforza o cadeado do Portus Apostoli.
Mércores, 15/07/2026 · 12:00h | O gardameta brasileiro, dúas veces campión da Copa Libertadores, reforza o cadeado do Portus Apostoli.

Adriano José Fanti, Di Fanti (Jaú, São Paulo, Brasil. 11/02/1989), convértese en novo porteiro do Noia Portus Apostoli FS. O experimentado brasileiro, con notable historial ao más alto nivel no seu país e continente, comprométese co Club noiés.


O gardameta, de 37 anos, desenvolveu a maior parte da súa carreira en Brasil, pasando por São Paulo, ADC Intelli, Pato Futsal, Marreco Futsal, Cascavel Futsal e Jaraguá Futsal. No seu palmarés figuran dúas Copas Libertadores, unha Superliga e tres campionatos de Liga da LNF, o último conquistado en decembro de 2025. En Europa, estivo anteriormente en tres equipos: un curso no Sibiryak ruso, dous no Ferreira do Zêzere portugués e o último mes da 2025/2026 no Jimbee Cartagena Costa Cálida, co que non puido nin debutar por motivos burocráticos.


Hai menos dun ano ergueu o seu terceiro título ligueiro en Brasil | Imaxe: LNF
Hai menos dun ano ergueu o seu terceiro título ligueiro en Brasil | Imaxe: LNF

Desde a súa veteranía e habilidade entre paus, Di Fanti sumará aínda máis seguridade e fiabilidade ao marco do Portus Apostoli, no que formará parella xunto a Peixe.


Benvido á túa nova casa, benvido a Noia, Di Fanti!

bottom of page