
ESCOLA NOIESA
INSCRICIÓN 2025/2026

A temporada 2025/2026 chama á porta, tamén para os máis pequenos. O Club abre o prazo de inscrición da Escola Noiesa para todos aqueles nenos/as nados entre 2007 e 2021 que queiran formar parte dos distintos equipos, de Biberón ata Xuvenil, da nosa Base.
Onde podo realizar a inscrición?
A inscrición poderase realizar tanto no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) como no formulario online.
Procedemento de pago da cota*
A cota total de inscrición é de 200€, un pago sobre o que o Club pon a disposición de todas as familias interesadas a opción de realizalo de maneira fraccionada.
O primeiro pago a modo de matrícula consta de 80€ e levarase a cabo ao formalizar a inscrición. A este engádenselle 6 mensualidades (outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo) de 20€ cada unha, que completarán a cota total de 200€ e que se abonarán por medio de domiciliación bancaria. En caso de inscrición dun segundo irmán, a cota será de 150€.
Da mesma forma, o Club tamén pon a disposición a opción de realizar o pago da cota ao contado a principio de temporada a todas aquelas familias que o desexen.
*Os nenos/as pertencentes á categoría Biberón (nados entre 2020 e 2021) NON PAGAN COTA DE INSCRICIÓN, si o pack de roupa obrigatorio.
Reunión informativa
A comezos de setembro realizarase unha reunión informativa para pais, nais e titores legais, da cal o Club informará proximamente nas súas canles oficiais sobre día, hora e lugar.
Pack de roupa
O prezo do pack de roupa obrigatorio será de a partir de 100€ para os nenos/as pertencentes á Escola Noiesa a temporada pasada e de a partir de 170€ para os novos inscritos.
Idades e categorías
Biberón: 2020-2021
Prebenxamín: 2018-2019
Benxamín: 2016-2017
Alevín: 2014-2015
Infantil: 2012-2013
Cadete: 2010-2011
Xuvenil: 2007-2008-2009
Contacto
Para máis información, o Club habilita a vía de contacto de e-mail a escuela@noiafutbolsala.com