top of page

O Portus Apostoli fortalece o peche con Carlos Eduardo “Churrasco”

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 4 days ago
  • 1 min read

Venres, 11/07/2025 · 13:00h | O brasileiro procede do MFC Aktobe e asina por unha temporada, con opción a ampliar unha máis.


A terceira incorporación do Noia Portus Apostoli FS 2025/2026 chámase Carlos Eduardo Soares de Carvalho, coñecido deportivamente como “Churrasco” (Brasilia, Brasil. 01/05/1996). Procedente do MFC Aktobe casaco, asina ata o 30 de xuño de 2026, con opción de ampliar un curso máis a relación.


O brasileiro únese así ás chegadas de Ismael e Varsalona, apuntalando un renovado posto de peche que compartirá co arxentino e Montero. Desde esa zona da pista, “Churrasco” asegura personalidade e contundencia, ao que une a capacidade de sorprender ao ataque con perigosas incorporacións.


Aos seus 29 anos, viviu xa varias experiencias deportivas na súa carreira. En 2018 puxo rumbo a Lituania, onde gañou Liga e Copa co FK Vytis. En 2020 volveu ao seu país, xogando ata 2024 no Brasília Futsal, o Foz Cataratas (onde compartiu vestiario con Peixe) e o Futsal São Lourenço, desde o que saíu dirección Casaquistán. Nesta temporada no MFC Aktobe completou a súa mellor actuación a nivel de números, con 19 goles e 13 asistencias, sendo peza clave para o 4º posto en Liga do seu equipo.


Benvido a Noia, que xa é a túa nova casa, “Churrasco”!

Commentaires


bottom of page