Varsalona, reforzo polivalente para o cadro noiés
- Departamento prensa Noia PA FS

- Jul 8
- 1 min read

Martes, 08/07/2025 · 13:00h | O á-peche italo-arxentino de 27 anos comprométese co Portus Apostoli ata 2026 con opción de ampliación por un curso máis.
Desde o Nantes Métropole Futsal francés, o á-peche destro Alejandro Daniel Varsalona (Bos Aires, Arxentina. 10/07/1997) convértese no segundo engadido para a 2025/2026 do Noia Portus Apostoli FS, co que asina por unha temporada, con posibilidade de ampliar outra.
Como bo arxentino (tamén ten pasaporte italiano), de serie veñen a garra e o carácter nas súas características sobre o terreo de xogo, ao que suma intelixencia táctica, habilidade para a recuperación de balón e chegada a portería contraria. Ademais, a súa capacidad para actuar tanto no posto de peche como de á aportará múltiples combinacións aos esquemas de David Palmas.
Varsalona comezou a súa traxectoria sénior no CA River Plate na Terceira División arxentina. Posteriormente, puxo rumbo al El Talar, co que disputou entre 2016 e 2022 a Primeira División do seu país. A continuación deu o salto a Europa, xogando as últimas tres campañas no Nantes Métropole Futsal de Francia, do que era capitán e co que finalizou subcampión ligueiro en 2024.
Benvido a Noia, que xa é a túa nova casa, Ale!











Comments