top of page

Montero e Thierry, un curso máis cedidos no Agustín Mourís

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 23 hours ago
  • 2 min read

Mércores, 02/07/2025 · 12:21h | O peche e o á continuarán coa súa progresión no Portus Apostoli.


David Palmas seguirá tendo ás súas ordes a Montero e Thierry, despois de que o Noia Portus Apostoli FS alcanzara un acordo cos seus respectivos Clubs de orixe para ampliar unha temporada máis a súa cesión no equipo branco.


Imaxe: Foto Pichero


Desde Movistar Inter FS chegou o pasado verán a préstamo David Montero Domínguez (Alcalá de Henares, Madrid. 19/04/2002). O peche destro de Alcalá de Henares instalábase definitivamente na 24/25 como xogador de Primeira División FS, máis aló dos 4 partidos que disputara na elite coa disciplina interista. A pesar da súa xuventude (23 anos) e pouca experiencia previa, Montero aportou o seu importante gran de area para lograr a salvación na categoría, coa súa capacidade defensiva, un importante gol na penúltima xornada e unha xa inesquecible asistencia na decisiva en Torrexón, ao que hai que incluír o título de Copa Galicia FS. Tras 33 partidos e 3 tantos en total neste primeiro capítulo da relación, na 25/26 continuará medrando en Noia.


Imaxe: Foto Pichero


No mercado de inverno aterrou Thierry Henrique Petreça (Lages, Santa Catarina, Brasil. 01/10/2004) como cedido polo Illes Balears Palma Futsal. O brasileiro tivo un impacto instantáneo no equipo noiés, marcando no seu segundo partido ligueiro, precisamente ante os baleares, e sumando na gran melloría dos brancos na metade final de curso, ademais de na conquista da cuarta Copa Galicia FS seguida. En outubro cumprirá 21 anos, xa inmerso no seu segundo curso aportando frescura, desequilibrio e calidade ao Portus Apostoli desde o á zurdo, tal e como fixo no primeiro, engadindo 4 dianas en 21 partidos disputados.

Comentarios


bottom of page