top of page

Ismael López, primeira fichaxe do Portus Apostoli 25/26

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 5 days ago
  • 1 min read

Venres, 04/07/2025 · 13:27h | O pivote andaluz de 25 anos asina para a vindeira temporada con opción a outra máis.


O Noia Portus Apostoli FS 2025/2026 suma a súa primeira cara nova coa incorporación de Ismael López Lozano (Priego de Córdoba. 10/11/1999), pivote destro procedente do Real Betis Futsal que asina por un curso, con opción de ampliación a un segundo.


Ismael recalou en 2017 no equipo xuvenil do Córdoba Patrimonio de la Humanidad, aínda que cedo se fixo oco no plantel de Segunda División FS do cadro califal. As súas actuacións chamaron a atención de ElPozo Murcia FS, onde estivo entre primeiro equipo e filial nas súas tres campañas cos charcuteiros. A continuación regresou a un Córdoba xa instalado na Primeira División FS, permanecendo dúas temporadas.


Os dous últimos cursos xogou na categoría de prata, logrando en ambos o ascenso con CD Burela FS e Real Betis Futsal, e convertindo 19 e 10 goles, respectivamente, en competición ligueira.


Desta maneira, o Portus Apostoli engade ao seu bloque un xogador mozo, pero con sobrada experiencia, ademais dunha referencia desde o posto de pivote e con capacidad de aportar no aspecto goleador.


Benvido a Noia, que xa é a túa nova casa, Ismael!

Comments


bottom of page