top of page

O billete a Madrid decídese na casa | O Xuvenil DH recibe a ElPozo este sábado na fase previa

  • Jun 1
  • 1 min read
Luns, 01/06/2026 · 21:36h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses xóganse o sábado 6 ás 19:00h no Mourís o pase á fase final do Campionato de España de Clubes Sub-19.
Luns, 01/06/2026 · 21:36h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses xóganse o sábado 6 ás 19:00h no Mourís o pase á fase final do Campionato de España de Clubes Sub-19.

Hora de concluír as celebracións, porque o seguinte reto do Xuvenil DH noiés xa está aquí. Os oitavos de final do Campionato de España Sub-19 de Clubes agardan polo flamante campión do Grupo 1 da máxima categoría Xuvenil, que, tras o sorteo realizado pola RFEF, recibirá a ElPozo Murcia FS, 2º clasificado do Grupo 7, este sábado 6 a partir das 19:00h no Municipal Agustín Mourís.


O cadro do Campionato de España de Clubes-Sub 19 2026
O cadro do Campionato de España de Clubes-Sub 19 2026

O segundo título ligueiro seguido do Portus Apostoli permítelle contar de novo co factor campo ao seu favor na misión de volver a meterse na fase final, que se disputará en Madrid do 19 ao 21 de xuño. Ata a data, os de Pablo Cardoso teñen un historial como local practicamente inmaculado, con 14 vitorias en 15 partidos. Unha fortaleza que tamén se entende desde as bancadas e o apoio dun Mourís que, como sempre, será fundamental para que nosos rapaces sigan facendo historia.


Coa bagaxe do curso pasado


Hai doce meses, os brancos desfixéronse na rolda preliminar do Málaga Ciudad Redonda FS (5-3) para asegurar presenza en Murcia, onde caeron en cuartos de final ante Wanapix AD Sala 10 (5-4).

Comments


bottom of page