top of page

‘The Rapants’ realizarán o saque de honra no Noia Portus Apostoli FS vs Barça

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Dec 4
  • 1 min read
Xoves, 04/12/2025 · 12:06h · Imaxe: Foto Pichero | O grupo musical presentou o pasado mes de agosto as novas equipacións.
Xoves, 04/12/2025 · 12:06h · Imaxe: Foto Pichero | O grupo musical presentou o pasado mes de agosto as novas equipacións.

O partido deste sábado 6 ás 16:30h contra o Barça terá uns convidados moi especiais. Samu, Xanma, Xaquín e Matías, membros do grupo musical galego ‘The Rapants’, realizarán o saque de honra nos prolegómenos do encontro.


Os catro presentaron o pasado mes de agosto as equipacións do Noia Portus Apostoli FS para esta temporada 2025/2026 durante un concerto na Vila, e o Club quixo agradecer ese gran e desinteresado xesto convidándoos ao partido desta fin de semana, para o que non hai billetes desde luns. Ademais, cada un recibirá tamén a súa camiseta personalizada.

Comments


bottom of page