PREVIA X6 LIGA PRIME FUTSAL - TORNEO APERTURA | Noia Portus Apostoli FS – Servigroup Peñíscola FS | Seguir a dinámica na casa

Volve a Liga Prime Futsal tras a semana de parón de seleccións e volve o carácter do Municipal Agustín Mourís. Alí, no seu feudo, o Noia Portus Apostoli FS recibirá este domingo 25 a partir das 16:00h ao Servigroup Peñíscola FS, coa clara intención de continuar facéndose forte na casa sumando a terceira vitoria seguida.
7 puntos tras 4 partidos (co da xornada 4 fronte ao Barça retrasado ao mes de decembro) debuxan un inicio ligueiro formidable dos brancos, entre os mellores nos seus cinco cursos na elite. Máis, se temos en conta que nese botín inclúese un empate contra ElPozo e un triunfo na pista do Jimbee Cartagena, resultado co que os noieses foron máis que contentos ao receso.

Pero é só iso, o comezo. Aínda queda moito por facer para encamiñar o obxectivo principal da permanencia. E iso pasa por continuar a liña de ser un equipo comprometido en defensa e perigoso en ataque, estea quen estea na pista. Sobre todo, nun Mourís que os noieses queren manter como terreo imbatible e apto para a tolemia.
Visita o Servigroup Peñíscola FS
O conxunto da provincia castellonense, agora dirixido por Gerard Pusó, ocupa a 11ª posición con 4 puntos. O seu anterior encontro saldouse con derrota na súa casa in extremis (3-4) fronte ao Córdoba Patrimonio de la Humanidad, e non coñece a vitoria desde a primeira data do campionato. No pasado mercado de verán incorporaron ao seu plantel, plagado de xogadores internacionais, ao porteiro Álex Cervera, o peche Carlos Sanz, os ás Puchy, Joni Franco e Barea e os pivotes Pablo García e Yunii, este último recente campión da Copa África con Marrocos.
Declaracións previas
Entradas
ABONADOS
GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
Lembramos a todos os abonados que non vaian a asistir ao encontro a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura ou cun correo electrónico a administracion@noiafutbolsala.com ou WhatsApp al 669 72 95 75 especificando número de abonado, nome e apelidos e DNI.
NON ABONADOS
·XERAL (+16 anos): 20€
·MOZO (-16 anos): 10€
Ao momento da entrada ao Municipal, revisarase a idade de todas as personas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).
Á venda na páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poñeranse á venda na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís o día do partido a partir das 14:30h.
Emisión en directo
En directo e en exclusiva a través de DAZN (baixo a subscripción ‘Premium’ ou ‘Fútbol’).
Árbitros
Alberto Sarabia Eguiluz, do comité andaluz, e Antonio Pablo Navarro Rodríguez-Villán, do comité catalán. Balance con ambos dun empate e dúas derrotas.
Precedentes (balance oficial: 1V-1E-6D)
·6 de novembro de 2021 | X10 Segunda División FS 2021/2022 | PEÑ 4-1 NPA
·12 de marzo de 2022 | X27 Segunda División FS 2021/2022 | NPA 2-2 PEÑ
·18 de outubro de 2023 | X6 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-5 PEÑ
·2 de marzo de 2024 | X21 Primeira División FS 2023/2024 | PEÑ 5-3 NPA
·16 de novembro de 2024 | X6 Primeira División FS 2024/2025 | PEÑ 2-0 NPA
·19 de febreiro de 2025 | X18 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 2-5 PEÑ
·1 de novembro de 2025 | X8 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 1-2 PEÑ
·3 de marzo de 2026 | X18 Primeira División FS 2025/2026 | PEÑ 1-6 NPA





Comments