top of page

INFORMACIÓN A ABONADOS SENTIMENTO | Noia Portus Apostoli FS vs Barça

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Dec 3
  • 1 min read
Mércores, 03/12/2025 · 17:50h
Mércores, 03/12/2025 · 17:50h

A Xunta Directiva do Noia Portus Apostoli FS informa aos abonados Sentimento de que, en caso de que NON poidan asistir ao encontro da xornada 13 de Primeira División Fútbol Sala entre Noia Portus Apostoli FS e Barça programado para o sábado 6 de decembro ás 16:30h, teñen a opción de ceder o seu asento a disposición do Club, nunha posibilidad habilitada co fin de axudar á Entidade y producir un ambiente o máis espectacular posible no Agustín Mourís.


Cada abonado Sentimento que non vaia a ir ao partido e desexe ceder o seu asento poderá facelo mediante calquera destas catro vías:


·En noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”


·No Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia), no seu horario de apertura (luns, mércores e venres de 19:00h a 20:00h).


·Enviando unha notificación ao WhatsApp (número 669 72 95 75), especificando nome e apelidos, número de abonado e detalles do asento.


·Enviando un correo electrónico a administracion@noiafutbolsala.com, especificando nome e apelidos, número de abonado e detalles do asento.


Lémbrase que para este encontro os abonados Sentimento deberán presentar o seu carnet na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís, como de maneira habitual. Estes son persoais e intransferibles, é dicir, só poderá asistir co mesmo a persoa á que está asignada o carnet. En cambio, o resto de abonados que mercaran entrada só terán que presentar esa entrada.

Comments


bottom of page