top of page

A final da XXXIV Copa Galicia FS, o mércores 1 de abril ás 20:30h en Pontevedra: reserva xa a túa entrada!

  • 6 hours ago
  • 1 min read
Luns, 23/03/2026 · 13:48h · Imaxe: RFGF | O Portus Apostoli enfrontarase ao O Parrulo Ferrol FS no Municipal dos Deportes pontevedrés.
Luns, 23/03/2026 · 13:48h · Imaxe: RFGF | O Portus Apostoli enfrontarase ao O Parrulo Ferrol FS no Municipal dos Deportes pontevedrés.

A final da XXXIV Copa Galicia FS está á volta da esquina. Este mércores 1 de abril ás 20:30h, o Noia Portus Apostoli FS buscará o seu quinto título consecutivo fronte ao O Parrulo Ferrol FS no Municipal dos Deportes de Pontevedra, e xa podes reservar no seguinte formulario a túa entrada para non perderte a festa do fútbol sala galego!


PRECIOS

·Adulto: 10€

·Neno/a (menores de 16 anos): gratis

·Abono final masculina e feminina* adulto: 15€

·Abono final masculina e feminina* neno/a: gratis



Unha vez enchido o formulario, as entradas recolleranse e abonaranse no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) a partir do venres 27, en horario de 19:00h a 20:00h.


*A final femenina disputarase o xoves 2 de abril ás 12:00h entre Poio Pescamar FS e FSF Castro Bloques Cando.


Tamén se pode realizar a compra de entradas a través da web de cluber.



Comments


bottom of page