top of page

Disiclín, novo patrocinador do Noia Portus Apostoli FS

5 minutes ago
1 min read
Venres, 06/11/2026 · 16:40h | A empresa galega de produtos de limpeza incorpórase á rede de patrocinios do Club.
Venres, 06/11/2026 · 16:40h | A empresa galega de produtos de limpeza incorpórase á rede de patrocinios do Club.

Disiclín únese á lista de patrocinadores do Noia Portus Apostoli FS. A empresa especializada na produción de materiais de limpeza súmase a un proxecto deportivo e social que continúa medrando temporada tras temporada.


Con sede en Silleda (Pontevedra), Disiclín entrou nas casas de todo Galicia, norte de Portugal e España desde o ano 1992, ofrecendo a mellor solución para a limpeza do fogar en todas as súas superficies, con máis de 200 produtos de distintas variedades, olores e propiedades.


A incorporación de Disiclín á nosa rede de patrocinios supón un novo paso adiante por estreitar lazos co tecido empresarial da nosa comunidade, facéndoo ademais da man de compañías que comparten o compromiso coa súa contorna, como é o caso.


Benvidos á familia noiesa, Disiclín!


Comments


bottom of page