top of page

Cambio de horario do partido contra Quesos El Hidalgo Manzanares FS no Agustín Mourís

23 hours ago
1 min read
Xoves, 05/11/2026 · 17:20h | Da xornada 11 do Apertura da Liga Prime Futsal.
Xoves, 05/11/2026 · 17:20h | Da xornada 11 do Apertura da Liga Prime Futsal.

Modificación de axenda nun dos encontros do Noia Portus Apostoli FS neste Torneo Apertura da Liga Prime Futsal. Os brancos enfrontaranse ao Quesos El Hidalgo Manzanares FS no Municipal Agustín Mourís o sábado 5 de decembro ás 14:30h, en lugar da orixinal das 13:00h. De cara a este partido e tendo en conta o novo horario, o Club está preparando unha actividade especial previa para facilitar aos abonados/as e afeccionados/as a súa asistencia ao pavillón.


Lembramos tamén que o encontro, correspondente á xornada 11, contará coa emisión en directo por Teledeporte, ademais de DAZN.

Comments


bottom of page