PREVIA X8 LIGA PRIME FUTSAL – TORNEO APERTURA | Noia Portus Apostoli FS – Illes Balears Palma Futsal | O Agustín Mourís recibe ao líder invicto

A Liga Prime Futsal non se detén para o Noia Portus Apostoli FS esta fin de semana. En paralelo á Futsal Finalissima e os clasificatorios á Copa Mundial 2028, os brancos recibirán ao Illes Balears Palma Futsal este sábado 7 ás 18:30h, en partido adiantado da xornada 8 do Torneo Apertura.
Os noieses veñen de encaixar o pasado domingo en Pamplona a súa segunda derrota consecutiva. Un duro golpe que lles impediu poñer a directa na zona media-alta da clasificación (os nosos ocupan a 11ª praza con 7 puntos, cinco sobre o descenso e a catro do top 6), con aínda máis efecto pola lesión de Charly. O de Culleredo únese así á xa larga lista de baixas por motivos físicos que o Portus Apostoli leva arrastrando desde hai unhas semanas, que para este choque aumenta máis polas ausencias de Mykytiuk, Altamirano e Juampi Cuello, chamados polas súas respectivas seleccións. A raíz disto, a nómina de xogadores da Escola Noiesa nos adestramentos aumentou esta semana, coa presenza de Marco Cepeda e Hugo de la Peña, ambos en idad xuvenil, ademais dos que xa viñan sendo habituais. Entre eles, varios poderían entrar na convocatoria.

Ante todas as adversidades e, para máis inri, contra o rival máis en forma do campionato agardando, os de David Palmas prefiren aillarse de todo, non poñer escusas e saltar á pista do Municipal Agustín Mourís, alentados polos seus na grada, para deixalo todo e intentar loitar ata o último minuto polos puntos e o orgullo da Vila.
Un Illes Balears Palma Futsal intratable
O historial do Illes Balears Palma Futsal fala por si só. Alcanzando o ecuador do Torneo Apertura, os de Antonio Vadillo son líderes con 21 puntos, contan os seus 7 partidos por vitorias (a última, in extremis fronte ao Sur Seeds El Ejido Futsal por 4-3) e marcan máis goles que ninguén, un total de 40. Os baleares, desexosos de lograr o seu primeiro título nacional, construíron un plantel moi completo en todas as áreas, que, un curso máis, ostenta un potencial ofensivo xigante. Paradoxicamente, só perderán a un xogador por este anticipo do partido, Fabinho, con Brasil na Futsal Finalissima. De feito, alí disputará o Illes Balears a Copa Intercontinental a vindeira semana, razón do adiantamento deste choque. Por lesión, Luan Muller será a outra baixa palmesana. Nas súas filas figuran dous ex noieses, Machado e Alisson.
Declaracións previas
Entradas
ABONADOS
GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
Lembramos a todos os abonados que non vaian a asistir ao encontro a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura ou cun correo electrónico a administracion@noiafutbolsala.com ou WhatsApp al 669 72 95 75 especificando número de abonado, nome e apelidos e DNI.
NON ABONADOS
·XERAL (+16 anos): 20€
·MOZO (-16 anos): 10€
Ao momento da entrada ao Municipal, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).
As entradas están á venda na páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poderanse adquirir na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís o día do partido a partir das 17:00h.
Emisión en directo
En directo e en exclusiva a través de DAZN (baixo a subscripción ‘Premium’ ou ‘Fútbol’).
Árbitros
Juan José Cordero Gallardo e Pedro Carrillo Arroyo, do comité andaluz. Balance con ambos dunha vitoria, dous empates e dúas derrotas.
Precedentes (balance oficial: 1V-2E-8D)
·19 de novembro de 2022 | X9 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-2 IBP
·21 de febreiro de 2023 | 1/4 de final Copa do Rei FS 2022/2023 | IBP 4-2 NPA
·25 de marzo de 2023 | X24 Primeira División FS 2022/2023 | IBP 5-1 NPA
·24 de maio de 2023 | PlayOff Primeira División FS 2022/2023 - 1/4 de final – Partido 1 | IBP 8-2 NPA
·27 de maio de 2023 | PlayOff Primeira División FS 2022/2023 – 1/4 de final – Partido 2 | NPA 3-4 IBP (AET)
·11 de novembro de 2023 | X10 Primeira División FS 2023/2024 | IBP 2-1 NPA
·31 de marzo de 2024 | X25 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 6-1 IBP
·11 de xaneiro de 2025 | X14 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 3-3 IBP
·4 de abril de 2025 | X25 Primeira División FS 2024/2025 | IBP 4-2 NPA
·19 de outubro de 2025 | X9 Primeira División FS 2025/2026 | IBP 11-6 NPA
·21 de abril de 2026 | X29 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 0-2 IBP





Comments