PREVIA X9 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Redondela FS Rodavigo | Manter a xeira na casa

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS xogará este domingo 15 a partir das 12:45h contra o Redondela FS Rodavigo no Municipal Agustín Mourís, en compromiso da 9ª data da competición doméstica.
Os noieses, na súa misión de continuar medrando colectiva e individualmente, buscarán unha nova vitoria como locais, condición na que suman catro de catro. A última, a pasada fin de semana, nun disputado encontro ante o Valladolid Tierno Galván FS (5-4). Seguir facendo do Mourís un fortín, paso importante para manterse á caza dun liderado que, desde a súa 4ª posición con 17 puntos, ven agora mesmo a cinco.
Un Redondela FS Rodavigo perigoso e en forma
O equipo de Pablo Cardoso recibirá a un Redondela FS Rodavigo cuxos enfrontamentos do curso pasado traen bos recordos. No da primeira volta selouse o pase á Copa de España Xuvenil FS, mentres que no da segunda proclamáronse campións ligueiros. Porén, os redondeláns sempre son un duro opoñente que, ademais, empezou moi ben este curso. Previo á derrota da pasada finde contra o líder IES Coruxo FS, contaban cunha xeira de tres triunfos consecutivos que os sitúa 6º con 13 puntos, buscando anclarse á zona alta da clasificación.
Emisión en directo
Esta temporada, salvo posibles excepcións, os partidos como local do Xuvenil DH noiés non se emitirán en directo.
Precedentes
·29 de outubro de 2023 | X7 Liga Galega Xuvenil FS 2023/2024 | RED 3-9 NPA
·9 de marzo de 2024 | X22 Liga Galega Xuvenil FS 2023/2024 | NPA 4-6 RED
·9 de novembro de 2024 | X9 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 8-3 RED
·6 de abril de 2025 | X24 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 20024/2025 | RED 2-10 NPA
·31 de xaneiro de 2026 | X15 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | RED 0-7 NPA
·30 de maio de 2026 | X30 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 5-1 RED





Comments