top of page

PREVIA X10 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Trepalio León Sala - Noia Portus Apostoli FS | Duelo directo en León

2d
1 min read
Venres, 20/11/2026 · 18:40h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos, reforzados polas dúas vitorias seguidas na casa, afrontan un choque clave polas súas aspiracións na táboa (dom. 22/11, 12:00h. TV: gs360play.com).
Venres, 20/11/2026 · 18:40h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos, reforzados polas dúas vitorias seguidas na casa, afrontan un choque clave polas súas aspiracións na táboa (dom. 22/11, 12:00h. TV: gs360play.com).

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS disputa este domingo 22 ás 12:00h o seu partido da 10ª xornada ligueira, no que visitará ao Trepalio León Sala no Municipal Hispánico leonés, con emisión en directo por gs360play.com.


Os dous triunfos consecutivos colleitados na casa, con tolemia incluída, manteñen aos de Pablo Cardoso en 4º lugar con 20 puntos e con moita vida na batalla polos primeiros postos da táboa, a tan só tres do novo líder O Parrulo Ferrol FS. Coa metade inicial de curso entrando no seu momento decisivo, cinco equipos en tan só catro puntos. Un contexto competitivo ideal para seguir medrando como xogadores e bloque.


A un punto, o Trepalio León Sala


Nesa serie de aspirantes, o Trepalio León Sala sitúase 5º con 19 puntos, a apenas un dun Portus Apostoli que garda mal recordo dos leoneses. A pasada campaña, claudicaron en ambos encontros ligueiros contra eles. O seu último resultado, un triunfo por 1-4 sobre o ata agora líder IES Coruxo FS, demostra que a perigosidade do Trepalio continúa intacta.



Emisión en directo

En directo a través de gs360play.com (gratis e previo rexistro con correo electrónico).


Precedentes

·21 de novembro de 2025 | X7 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 4-5 TLS


·29 de marzo de 2026 | X22 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | TLS 4-2 NPA

Comments


bottom of page