top of page

PREVIA X9 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Redondela FS Rodavigo | Despois da quinta, a pola sexta

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Nov 8, 2024
  • 1 min read

Updated: Jun 20


Venres, 08/11/2024 · 19:05h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Daniel Ventoso queren seguir o bo ritmo este sábado 9 a partir das 12:30h no Agustín Mourís.


O Xuvenil de División de Honra afronta este sábado 9 ás 12:30h o encontro da novena xornada ligueira, coa visita dun Redondela FS Rodavigo ao que quererá superar en busca do seu 6º triunfo consecutivo.


Tivo que agardar ata a recta final na cancha do pechacancelas o conxunto noiés para asinar a quinta vitoria seguida, oitava en total. Boa proba do competitiva que é esta categoría e do mérito dos noieses, que a colideran xunto ao 5 Coruña FS. Esta xornada vivirán unha nova demostración, cun rival xa coñecido diante.


Os de Daniel Ventoso xa compartiron categoría o curso pasado co Redondela FS – Rodavigo na Liga Galega FS, cun triunfo para cada un nos enfrontamentos. Agora, xa na máxima división, os redondelanos visitarán o Mourís coa misión de seguir progresando na táboa inmerso nunha boa dinámica, 9º con 11 puntos e tan só 1 derrota nos últimos 5 partidos.


A recta final da primeira volta xa está aquí, e o Xuvenil DH noiés non quere afloxar o pé do acelerador, porque a meta do primeiro soño achégase cada fin de semana un pouco máis.



Precedentes

·29 de outubro de 2023 | X7 Liga Galega Xuvenil FS 2023/2024 | RED 3-9 NPA


·9 de marzo de 2024 | X22 Liga Galega Xuvenil FS 2023/2024 | NPA 4-6 RED

Comments


bottom of page