top of page

PREVIA X9 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | FS Salamanca AGROCESA - Noia Portus Apostoli FS | Outro importante desprazamento

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Dec 5
  • 1 min read
Venres, 05/12/2025 · 17:20h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso viaxan por segunda semana seguida (sáb. 06/12, 17:00h), nesta ocasión a Salamanca.
Venres, 05/12/2025 · 17:20h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso viaxan por segunda semana seguida (sáb. 06/12, 17:00h), nesta ocasión a Salamanca.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS afronta este sábado 6 ás 17:00h o seu compromiso da 9ª xornada ligueira, no que, ao igual que a pasada semana, fará a mochila para xogar como visitante, neste caso á pista do FS Salamanca AGROCESA Crianza Ibérica.


Os noieses pretenden superar este desprazamento ao Pavillón La Alamedilla para manterse sólidos no liderado, tal e como fixeron hai uns días en Ferrol, superando a outro rival perigoso da zona alta da táboa. De feito, os de Pablo Cardoso están demostrando sentirse cómodos lonxe do Mourís, onde contan todos os seus partidos por vitorias.


Os salmantinos buscan ir cara arriba


Oito puntos por debaixo do Portus Apostoli, con 13 na 9ª praza, sitúase o FS Salamanca AGROCESA Crianza Ibérica. Os charros queren recuperarse das súas dúas últimas derrotas consecutivas (2-6 ante O Parrulo e 5-3 na cancha do CD San Cristóbal) para coller o tren dos punteiros, que ameaza con facer oco de por medio.



Precedentes

·28 de setembro de 2024 | X3 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | SAL 4-1 NPA


·8 de febreiro de 2025 | X18 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 5-2 SAL

Comments


bottom of page