PREVIA X9 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – Caja Rural River Zamora FS | Recuperar sensacións

O Noia Portus Apostoli FS “B” recibe este sábado 14 a partir das 18:30h no Municipal Agustín Mourís ao Caja Rural River Zamora FS, en partido da 9ª xornada ligueira.
O equipo de Chipi, que é 9º con 11 puntos, buscará unha vitoria que se lle resistiu nas tres últimas datas. Tras dous empates fronte a CD Albense FS (2-2) e ADC Lugo Sala (2-2), en Valladolid chegou unha dura derrota (6-0), claramente condicionada polas ausencias. Agora, recuperando as caras habituais e no seu feudo, os blancos tratarán de facerse cun triunfo que os volva a elevar cara a zona media-alta da táboa.
Os zamoranos, en postos de descenso
Segunda campaña consecutiva na categoría de bronce para o Caja Rural River Zamora FS, que está vivindo un inicio de 2026/2027 complicado. Os zamoranos sitúanse penúltimos con 5 puntos no seu haber e unha soa vitoria, lograda a finais de setembro na xornada 2. Os seus últimos dous compromisos resolvéronse con derrota, unha dinámica que quererán mudar para recortarlle distancia á permanencia.
Emisión en directo
Esta temporada, salvo posibles excepcións, os partidos como local do Filial noiés non se emitirán en directo.
Árbitros
Ander Orbegozo e Álvaro Sobral.
Precedentes
·28 de setembro de 2025 | X3 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 4-1 RIV
·25 de xaneiro de 2026 | X18 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | RIV 3-6 NPA “B”





Comments