top of page

PREVIA X10 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | FS Salamanca Energía Duero - Noia Portus Apostoli FS “B” | A escalar en Salamanca

2 days ago
2 min read
Venres, 20/11/2026 · 17:42h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Chipi tratarán de dar continuidade á vitoria da pasada fin de semana (sáb. 21/11, 19:15h. TV: tiivii.tv).
Venres, 20/11/2026 · 17:42h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Chipi tratarán de dar continuidade á vitoria da pasada fin de semana (sáb. 21/11, 19:15h. TV: tiivii.tv).

O Noia Portus Apostoli FS “B” desprázase esta finde ao Pavillón La Alamedilla, onde se enfrontará ao FS Salamanca Energía Duero o sábado 21 a partir das 19:15h pola 10ª xornada ligueira.


Os noieses conseguiron o pasado sábado un importante resultado positivo na casa, que lles permitiu volver á senda do triunfo e auparse na táboa ata a 6ª posición con 14 puntos. A igualdade segue sendo unha constante no Grupo 1 da Segunda División “B” FS co 2026 a algo máis dun mes de pecharse, polo que os de Chipi aspiran a seguir sumando de tres noutro duelo directo, esta vez en terras salmantinas.


Sempre esixente visita a La Alamedilla


O Filial branco xogará nunha das prazas da categoría onde nunca conseguiu a vitoria. En La Alamedilla, o FS Salamanca Energía Duero consegue os seus mellores logros. 9 dos seus 12 puntos, que o colocan 11º, logrounos como local. A través da súa fortaleza na casa, os charros tratarán de elevarse na clasificación e esquecer a derrota da anterior xornada (6-2 contra O Esteo FS).



Emisión en directo

En directo a través de tiivii.tv (gratis e previo rexistro con correo electrónico).


Árbitros

Adrián Sanz Martín e Hugo San José Barroso, do comité castelán-leonés.


Precedentes

·6 de decembro de 2024 | X13 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | SAL 4-3 NPA “B”


·13 de abril de 2025 | X28 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 0-6 SAL


·22 de novembro de 2025 | X11 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | SAL 5-5 NPA “B”


·28 de marzo de 2026 | X26 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2025 | NPA “B” 2-3 SAL

Comments


bottom of page