top of page

CRÓNICA X8 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (VTG 6-0 NPA “B”) | Derrota en Valladolid

4 hours ago
2 min read
Luns, 09/11/2026 · 17:12h · Imaxe (de arquivo): Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas, obrigados a presentar un equipo practicamente inédito, non lograron sumar en terras pucelanas.
Luns, 09/11/2026 · 17:12h · Imaxe (de arquivo): Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas, obrigados a presentar un equipo practicamente inédito, non lograron sumar en terras pucelanas.

O Noia Portus Apostoli FS “B” caeu derrotado na súa visita ao Valladolid Tierno Galván FS (6-0), nun partido claramente condicionado polas baixas noiesas.


A situación do Primeiro Equipo e as lesións existentes no seu propio bloque obrigaron ao técnico filialista, Chipi, a contar cunha convocatoria curta e plagada de xuvenís debutantes. Catro realizaron a súa estrea nun Municipal Lalo García no que o obxectivo era competir ao máximo, máis aló do resultado. Ata 17 minutos aguantaron os noieses no marcador, co 1-0 encaixado no 2’. Porén, no tramo final do primeiro tempo, os valisoletanos puxeron a directa con catro tantos que deixaron o choque practicamente visto para sentenza.


Manténdose competitivos


Lonxe de desentenderse, o Portus Apostoli “B” seguiu cos cinco sentidos postos nunha segunda metade na que logrou conter ao Valladolid Tierno Galván FS, recibindo só un gol máis, e quedando a centímetros do seu nas botas de Mario Fernández por partida dobre.


Tras a disputa de oito partidos, o equipo noiés ocupa a 9ª posición con 11 puntos.


Próximo partido


Os noieses recibirán ao Caja Rural River Zamora FS no Mourís o vindeiro sábado 14 de novembro ás 18:30h pola 9ª xornada ligueira.



Ficha técnica

Valladolid Tierno Galván FS: Ignacio Cubero (p), Mario Vaquero, Jorge Sanz, Armand Torrego e Andrés Marcos. Tamén xogaron Adrián Rodríguez (p), Eduardo Durante, David Bachiller, Álvaro Martínez, Javier Sanz (c), Iker Alonso, Antonio Marcos e Dani Martín.


Noia Portus Apostoli FS “B”: Lucas Purriños (p), César (c), André, Pablo Crespo e Mario Fernández. Tamén xogaron Hugo Martínez, Adri Troitiño, Pablo Costa e Darío Vilariño.


Goles: 1-0 Javier Sanz (2’), 2-0 Javier Sanz (17’), 3-0 Andrés Marcos (18’), 4-0 Álvaro Martínez (19’), 5-0 Armand Torrego (19’), 6-0 Iker Alonso (38’).


Os árbitros Alfonso Enrique Gómez Pérez e Mario González Grandes amoestaron con tarxeta amarela nos pucelanos a Mario Vaquero (36’). Nos noieses, amarelas a César (2’), o adestrador Chipi (14’) e Pablo Costa (30’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 8 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Lalo García de Valladolid.

Comments


bottom of page