
Venres, 01/11/2024 · 16:00h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Daniel Ventoso visitan a Universidade de Vigo na xornada 8, este sábado 2 ás 17:00h.
En busca da quinta vitoria consecutiva salirá o Xuvenil de División de Honra noiés este sábado 2 ás 17:00h, cando visitará ao ED Vigo 2015 FS en choque da oitava xornada ligueira.
A excepción do borrón na pista do FS Salamanca Ecotisa, o regreso á categoría do Xuvenil DH está a ser excelente en canto a resultados, con 6 triunfos en 7 partidos que o posicionan como colíder, xunto ao 5 Coruña FS. Posición privilexiada para os de Daniel Ventoso, que queren seguir sumando co foco en aportar máis argumentos aos soños que expón a competición.
No lugar oposto da táboa atópase o ED Vigo 2015 FS. Con 3 puntos, conseguidos na segunda xornada, os vigueses ocupan a última praza, ademais de ser o equipo menos goleador (17 tantos, ao igual que outros dous conxuntos) e o máis goleado (43 dianas encaixadas). Ante a visita do colíder, os laranxas sacarán toda a súa motivación para tratar de dar a sorpresa ante o seu público.
Pola súa parte, os noieses terán que saír con cero confianzas e as ganas de continuar graduándose na categoría, e poucos sitios mellores para iso que o Pavillón da Universidade de Vigo, do que agardan volver con 3 importantes puntos máis na súa conta.
Comments