PREVIA X8 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Valladolid Tierno Galván FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | A competir sen complexos en Pucela
Updated: 1 day ago

O Noia Portus Apostoli FS “B” disputa este sábado 7 a partir das 18:30h o seu compromiso da 8ª xornada ligueira, no que visitará ao Valladolid Tierno Galván FS no Municipal Lalo García.
Chega o ecuador da primeira volta ligueira, no que os noieses se sitúan 6º con 11 puntos, sumados todos eles a partir da terceira xornada. Superado definitivamente o dubitativo comezo, os de Chipi pretenden, ante un rival directo, alargar a serie de datas sen perder e continuar engadindo ao su botín para afastar aínda máis a zona de descenso. A tarefa corresponderalle a un equipo marcado polas circunstancias, xa que o técnico non poderá contar con varios dos seus habituais. Como os maiores, ante a adversidade, toca loitar máis xuntos e unidos.
O VTG tamén quere mirar cara arriba
Un posto e un punto por enriba dos brancos está o Valladolid Tierno Galván FS. Os valisoletanos, na súa segunda temporada na categoría, aspiran a manterse con menos urxencias que hai uns meses, cando un tramo final espectacular lles asegurou a salvación. Por agora, un bo comezo con catro triunfos en sete choques. Aínda que no seu último precedente figura unha derrota contra O Esteo FS (2-1).
Emisión en directo
O encontro non se emitirá en directo.
Árbitros
Alfonso Gómez e Mario González, do comité castelán-leonés.
Precedentes
·10 de outubro de 2025 | X5 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 5-3 VTG
·6 de febreiro de 2026 | X20 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | VTG 5-4 NPA “B”





Comments