top of page

PREVIA X7 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – ADC Lugo Sala | Con ganas de máis na casa

1 day ago
2 min read
Sábado, 31/10/2026 · 19:22h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas buscarán o seu terceiro triunfo seguido como locais (dom. 01/11, 12:45h).
Sábado, 31/10/2026 · 19:22h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas buscarán o seu terceiro triunfo seguido como locais (dom. 01/11, 12:45h).

O Noia Portus Apostoli FS “B” abre as portas do Municipal Agustín Mourís este domingo 1 de novembro para enfrontarse a partir das 12:45h ao ADC Lugo Sala na 7ª xornada ligueira.


O equipo de Chipi alcanza este encontro 4º con 10 puntos, inmerso nunha xeira positiva. Tras o empate da pasada semana en Alba de Tormes, son catro xornadas seguidas sumando, tres delas en forma de vitoria. O seu feudo viu dúas, unha sufrida (3-2 ante o Stellae Leis Pontevedra FS) e outra folgada (8-2 contra o 5 Coruña FS). Sexa como sexa o camiño, os filialistas tratarán de lograr unha terceira que siga construíndo ao Mourís como unha das prazas máis esixentes do campionato e elevando aos noieses na táboa.


Inicio complicado do ADC Lugo Sala


O conxunto lucense, que militou na Segunda División FS hai dúas temporadas, está vivindo un arranque difícil. A derrota contra O Esteo FS (0-3) da anterior xornada foi a terceira en cinco partidos, contando no resto un triunfo e dous empates que os manteñen 15º con 5 puntos, en zona de descenso. Saír de aí abaixo, nunha clasificación aínda moi comprimida, é o primeiro obxectivo dos da cidade amurallada.



Emisión en directo

Esta temporada, salvo posibles excepcións, os partidos como local do Filial noiés non se emitirán en directo.


Árbitros

Óscar Luis Gulín e Pablo Enrique Guntín.


Precedentes

·22 de setembro de 2018 | X2 Preferente Autonómica FS – Grupo Norte 2018/2019 | NPA “B” 2-4 LUG


·2 de febreiro de 2019 | X17 Preferente Autonómica FS – Grupo Norte 2018/2019 | LUG 4-3 NPA “B”


·5 de xuño de 2021 | Semifinal fase de ascenso a Segunda División “B” FS 2020/2021 – partido de ida | NPA “B” 0-2 LUG


·13 de xuño de 2021 | Semifinal fase de ascenso a Segunda División “B” FS 2020/2021 – partido de volta | LUG 4-1 NPA “B”


·4 de decembro de 2021 | X12 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | LUG 8-0 NPA “B”


·10 de abril de 2022 | X27 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | NPA “B” 2-6 LUG


·21 de decembro de 2025 | X15 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | LUG 3-2 NPA “B”


·2 de maio de 2026 | X30 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 4-5 LUG

Comments


bottom of page