
Venres, 01/11/2024 · 16:15h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Viaxe a Segovia para o Filial, que xoga este sábado 2 ás 19:00h en partido da oitava xornada ligueira.
O Noia Portus Apostoli FS “B” afronta este sábado 2 ás 19:00h o encontro da oitava xornada de Segunda División “B” FS na pista do conxunto segoviano CD San Cristóbal Núñez Automoción, ante o que pretende volver a encontrarse tras dous partidos complicados.
As derrotas fronte a dous galos, Piensos Durán Albense e Caja Rural Atlético Benavente, foron exemplos de realidade para os de Guille Murillo, da mesma maneira conscientes de estar atravesando un tramo esixente de calendario. Aínda así, o equipo filialista mira cara adiante desde a 9ª praza con 8 puntos, nunha táboa clasificatoria apretada na zona media, onde tamén se atopa o rival desta xornada.
O CD San Cristóbal Núñez Automoción completou un máis que correcto inicio de curso, con 10 puntos no seu haber e 3 vitorias en 7 partidos, a última a pasada fin de semana en cancha de Sibuscascoche Ribeira FS (3-5). Os dirigidos por Diego Gacimartín teñen como obxectivo, ao igual que o Filial noiés, manter a categoría tras lograr o ascenso a pasada temporada.
No Municipal San Cristóbal da localidade segoviana tratarán os noieses de reavivar as boas sensacións, apagadas en moitos momentos das dúas últimas semanas, e reencontrarse co que sería unha importante vitoria para o que ven.
Precedentes
Será o primeiro enfrontamento entre ambos equipos.
Comments