top of page

PREVIA X7 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Trepalio León Sala | Oportunidade para seguir distanciándose

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Nov 20
  • 1 min read
Xoves, 20/11/2025 · 16:18h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O líder recibe (ven. 21/11, 20:30h. TV: gs360play.com) a un dos seus perseguidores e campión do Grupo 2 o curso pasado.
Xoves, 20/11/2025 · 16:18h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O líder recibe (ven. 21/11, 20:30h. TV: gs360play.com) a un dos seus perseguidores e campión do Grupo 2 o curso pasado.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS disputa este venres 21 ás 20:30h no Municipal Agustín Mourís o seu encontro da xornada 7 ligueira, no que recibirá ao Trepalio León Sala, un dos cadros chamados a ocupar a parte alta da táboa.


Os de Pablo Cardoso anotáronse o 6 de 6 en O Carballiño, e, por tanto, unha semana más de liderado en solitario con pleno de vitorias. Un gran inicio que os noieses seguen cimentando a base de talento e sacrificio, sobrepoñéndose a todas as dificultades que aparecen durante os encontros. Camiño perfecto do que o Portus Apostoli non quere desviarse.


Trepalio, adaptándose ao cambio de Grupo


Dous equipos continúan pretiño, a tres puntos, dos brancos. Dese vagón perseguidor caeu a pasada semana precisamente o rival desta, o Trepalio León Sala. Os leoneses saltaron esta campaña do Grupo 2, o que conquistaron na 24/25 con autoridade, ao Grupo 1. Con ese estatus, o Trepalio, que é 6º con 12 puntos, aspira a establecerse entre os mellores.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo, gratis e previo rexistro a través de gs360play.com.


Precedentes

Será o primeiro enfrontamento entre ambos equipos.

Comments


bottom of page