top of page

PREVIA X7 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Lácteos Cobreros Atlético Benavente FS | A repetir triunfo na casa


Venres, 25/10/2024 · 17:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses serán locais por segunda semana seguida, esta vez recibindo aos benaventanos o domingo 27 ás 12:30h.


O Xuvenil de División de Honra noiés non se move da casa por segunda fin de semana seguida. Os de Daniel Ventoso enfrontaranse ao Lácteos Cobreros Atlético Benavente FS no Mourís este domingo 27 ás 12:30h, en partido da 7ª xornada ligueira, coas miras en conseguir unha nova vitoria.


Oportunidade para seguir facéndose fortes como locais e dar continuidade ao pasado 4-2 contra o Valladolid Tierno Galván AGROCESA, así como para continuar engadindo triunfos a un contador que amosa 5 en 6 partidos. Eses números sitúan aos noieses no coliderado ligueiro con 15 puntos de 18 posibles xunto ao 5 Coruña FS.


Diante, os brancos terán ao Lácteos Cobreros Benavente FS, que, con dúas vitorias no seu haber, ocupa o 13º posto da clasificación con 6 unidades. As 3 últimas logrounas na última xornada, superando ao Sibuscascoche Ribeira FS por 7-4. A pesar diso, as cifras dos benaventanos márcano como o equipo menos goleador da categoría, con 13 dianas a favor, e un dos máis goleados, 31 tantos encaixados.


Como na casa en ningún sitio”, ou iso tratarán de facer bo os de Daniel Ventoso, enfocados en alargar unha semana máis a súa privilexiada condición na táboa para seguir soñando con grandes cousas.


 

Precedentes

Tratarase do primeiro enfrontamento entre ambos equipos.

Comments


bottom of page