PREVIA X7 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | IES Coruxo FS - Noia Portus Apostoli FS | A polo líder!

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS verase as caras co IES Coruxo FS, líder da competición con expediente perfecto de 18 puntos, este sábado 31 ás 19:00h no Pavillón As Travesas pola 7ª data ligueira.
Un reto importante para o equipo de Pablo Cardoso, 4º con 13 puntos, que intentará demostrar na pista do primeiro clasificado a súa progresión desde o comezo do curso e, de paso, recortarlle distancia para apretar aínda máis unha zona alta con varios conxuntos en disputa.
Estrea inmaculada do IES Coruxo FS
Polas súas cifras, calquera diría que o IES Coruxo FS está no seu primeiro curso na categoría. Ao igual que os noieses hai dúas temporadas, os vigueses están debutando con man de ferro. 6 partidos e 6 vitorias, a última delas in extremis fronte ao Valladolid Tierno Galván FS (5-4).
Emisión en directo
O choque non se emitirá en directo.
Precedentes
Será o primeiro enfrontamento entre ambos equipos.





Comments