CRÓNICA X5 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (INT 4–4 NPA) | Empate en Salamanca

Un punto máis para o Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS, despois do empate (4-4) colleitado na pista do CD Inter Sala Casas Rurales El Rincón del Abuelo o pasado sábado.
Os brancos adiantáronse no marcador mediado o primeiro tempo e por partida dobre. Pablo Crespo, finalizando unha boa xogada de equipo, fixo o 0-1 no 8’; do 0-2 encargouse Darío Vilariño, no lugar exacto para converter unha acción de balón parado no 14’. Os locais reduciron diferenzas antes do descanso, aproveitando un erro en saída.
Sabor agridoce
O equipo de Pablo Cardoso recuperou a vantaxe no 25’, grazas á diana de Hugo Martínez. Porén, o panorama favorable torceuse en tres minutos para esquecer, nos que o CD Inter Sala lle deu a volta ao electrónico. O tanto de Mario Fernández como porteiro-xogador salvou un punto, que puideron ser tres incluso, de aproveitar algunha das varias ocasións coas que contaron na superioridade.
Tras este partido, os noieses sitúanse 4º con 10 puntos, a cinco do liderado que ostenta o IES Coruxo FS.
Próximo partido
El equipo noiés recibirá al Carballiño FS el domingo 25 a las 12:00h por la 6ª jornada liguera.
Ficha técnica
CD Inter Sala Casas Rurales El Rincón del Abuelo: Sergio Barroso (p), Mario Sierra (c), Marcos García, Javier Marcos e Bruno Sánchez. Tamén xogaron Lucas Redondo (p), Álvaro Salvador, Pablo Delgado, Carlos Durán, Sergio Sánchez, Iván Sánchez, Lucas Ramos e Lucas Sánchez.
Noia Portus Apostoli FS: Lucas Purriños (p), Hugo Martínez, Kevin Fernández, Pablo Crespo e Mamadou. Tamén xogaron Mateo Castro (p), Mario Fernández, Tomás Cabaleiro, Bosco, Cepeda (c), Hugo de la Peña, Pablo Costa, Darío Vilariño e Adri Yáñez.
Goles: 0-1 Pablo Crespo (8’), 0-2 Darío Vilariño (14’), 1-2 Lucas Ramos (19’), 1-3 Hugo Martínez (25’), 2-3 Lucas Ramos (30’), 3-3 Mario Sierra (33’), 4-3 Lucas Ramos (33’), 4-4 Mario Fernández (38’).
Os árbitros David Hernández Martín y Casimiro Miguel Lucas, do comité castelán-leonés, amoestaron con tarxeta amarela nos salmantinos a Marcos García (33’) e Sergio Sánchez (36’). Nos noieses, amarelas a Lucas Purriños (24’), Cepeda (36’), Mario Fernández (37’) e Pablo Crespo (39’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 5 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Polideportivo Lazarillo de Tormes de Salamanca.





Comments