CRÓNICA X6 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 5–2 CAR) | Triunfo a lume lento

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS recuperou a senda da vitoria este pasado domingo, ao desfacerse dun incómodo Carballiño FS no Municipal Agustín Mourís (5-2).
Os brancos encamiñaron cedo o marcador, co golazo de Mario Fernández no minuto 2. Porén, o pouco acerto posterior e a estratexia do porteiro-xogador rival propiciaron unha primeira metade moi rápida e sen máis tantos. Máis aló diso, o acto inicial tivo un momento especial co ingreso a pista entre aplausos de Adri Troitiño, quen realizaba a súa volta tras unha larga lesión.

Pouco a pouco
Mesma fórmula no reinicio, co gol de Cepeda aos poucos compases da segunda metade. Os carballiñeses reduciron diferenzas no minuto 26, aínda que o seu uso do xogo de cinco terminou por custarlle caro. Tanto polo 3-1, no que Darío Vilariño castigou a ausencia de porteiro desde a súa media pista, como pola vermella directa ao seu xogador Torres, que abriu o camiño ao 4-1 de Bosco. Co marcador roto, Pablo Crespo fixo a continuación o quinto. Xa no último minuto, os amarelos conseguiron o 5-2 definitivo.
Desta maneira, o Xuvenil DH recobra o sabor da vitoria nun Mourís onde, ata agora, só sabe gañar tras tres partidos. O seguinte será na pista do líder, a onde chegará 4º con 13 puntos na táboa clasificatoria.
Próximo partido
Os noieses visitarán ao IES Coruxo FS o sábado 31 ás 19:00h pola 7ª xornada ligueira.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Lukas Purriños (p), Pablo Costa, Bosco, Mario Fernández e Darío Vilariño. Tamén xogaron Hugo Martínez, Tomás Cabaleiro, Mamadou, Pablo Crespo, Adri Troitiño, Cepeda (c), Adri Yáñez e Kevin Fernández.
Carballiño FS: Xabi Rodríguez (p), Torres, Jandro (c), Nico e Iaguito. Tamén xogaron José Val, Xavi Novoa y Vila.
Goles: 1-0 Mario Fernández (3’), 2-0 Cepeda (22’), 2-1 Nico (26’), 3-1 Darío Vilariño (32’), 4-1 Bosco (37’), 5-1 Pablo Crespo (37’), 5-2 Xavi Novoa (39’).
Os árbitros Carlos Jesús González Pardal e Marcos Noya Pardo amoestaron con vermella directa ao visitante Torres.
Incidencias: partido correspondente á xornada 6 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.





Comments