top of page

CRÓNICA X5 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 8-2 5CO) | Goleada para seguir á alza

2 days ago
2 min read
Luns, 19/10/2026 · 15:10h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos, enchufadísimos desde o principio, pasaron por riba do seu rival para conseguir o terceiro triunfo consecutivo.
Luns, 19/10/2026 · 15:10h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos, enchufadísimos desde o principio, pasaron por riba do seu rival para conseguir o terceiro triunfo consecutivo.

O Noia Portus Apostoli FS “B” celebrou por terceira xornada seguida, tras superar amplamente (8-2) ao 5 Coruña FS, nunha vitoria construída desde os primeiros minutos e por medio dunha gran actuación grupal.



O equipo de Chipi arrancou a contenda pleno de ganas e concentración. Para mostra, o marcador. Oliver Chenel e Koeman combinaron para o 1-0 do pivote e, na orde contraria, para o 2-0. Era aínda o minuto 3, e no 4’, un disparo de lonxe de Teo desviado por un coruñés supuxo o 3-0. O inicio soñado para os noieses, ao que puxo a guinda Koeman cun golazo en tiro de falta directo á escadra no minuto 10. Os herculinos só lograron desembarazarse do dominio local nos últimos segundos, grazas ao tanto de Buján. Porén, a alegría duroulles pouco, xa que Nico Cuello volvería a castigar co 5-1 xusto antes de emprender camiño a vestiarios.


Un arranque espectacular | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Un arranque espectacular | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Mantendo a liña


En golpeo de tiro libre indirecto, Teo converteu o seu dobrete e o 6-1 no 3’ do reinicio. Acurtou diferenzas no 26’ Merelas para o 5 Coruña FS, que a partir de aí tivo un tramo de máis protagonismo ao que os filialistas responderon con solidez, redondeando o seu completo despregamento colectivo, unha das máis reseñables melloras brancas nesta xeira positiva. Tamén redondeou Oliver Chenel o seu hat-trick na recta definitiva do partido, cun cabezazo á rede en acción de saque de esquina e, xa no último minuto, castigando o porteiro-xogador rival.


Este triunfo permite ao Filial auparse ata a zona de PlayOff, 4ª praza da táboa con 9 puntos, a tres do líder Caja Rural Atlético Benavente FS e con outros tres de renda sobre o descenso.



Próximo partido


Os noieses visitarán ao CD Albense FS o vindeiro sábado 24 ás 18:00h pola 6ª xornada ligueira.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Mosquera (p), Cepeda, Koeman, Iago López e Oliver Chenel. Tamén xogaron Cristian (p), Teo, César, Pablo Costa, André, Hugo de la Peña, Mario Fernández e Nico Cuello (c).


5 Coruña FS: Iván (p), Tojo (c), Iago Ponte, Pablo Martínez e Tomás. Tamén xogaron Mejuto, Gandoy, Buján, Marco, Merelas, Iago Calvo, Dani e Héctor.


Goles: 1-0 Oliver Chenel (1’), 2-0 Koeman (3’), 3-0 Teo (4’), 4-0 Koeman (10’), 4-1 Buján (20’), 5-1 Nico Cuello (20’), 6-1 Teo (23’), 6-2 Merelas (26’), 7-2 Oliver Chenel (35’), 8-2 Oliver Chenel (40’).


Os árbitros Martín Díaz Marey e Adrián Figueroa Veiga amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Iago López (29’). Nos coruñeses, amarela a Buján (28’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 5 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

Comments


bottom of page