PREVIA X6 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | CD Albense FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | Sobre a mesma liña

O Noia Portus Apostoli FS “B” continúa a andaina no Grupo 1 da categoría de bronce 2026/2027 visitando ao CD Albense FS este sábado 24 ás 18:00h, en partido da 6ª xornada ligueira.
O conxunto filialista non quere saír do estado de graza. Aí se instalou, despois de acumular unha serie de tres vitorias consecutivas. A última, especialmente reseñable pola autoridade amosada en marcador e xogo ante un rival directo. Por aí segue o camiño a ese espectacular momento dos de Chipi, que, situados na 4ª praza con 9 puntos, pretenden amarrarse o máximo posible na zona noble.
A tres puntos e nove postos, o CD Albense FS
O CD Albense FS alcanza este sexto encontro do curso na 13ª posición con 6 puntos. Ou, o que é o mesmo aínda con só tres unidades separándoos dos noieses, en postos de descenso. O equipo da provincia de Salamanca buscará facerse forte no seu feudo, onde logrou unha das súas dúas vitorias, para reflotar na táboa. Como último resultado figura a derrota na pista do O Esteo FS (7-1) a pasada semana.
Emisión en directo
O encontro non se emitirá en directo.
Árbitros
Julián Polo e Ángel Carballo, do comité estremeño.
Precedentes
·19 de outubro de 2024 | X6 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | ALB 7-3 NPA “B”
·16 de febreiro de 2025 | X21 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 3-4 ALB
·21 de setembro de 2025 | X2 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | ALB 3-4 NPA “B”
·17 de xaneiro de 2026 | X17 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 6-6 ALB





Comments