CRÓNICA X6 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (ALB 2-2 NPA “B”) | Un punto en Alba de Tormes

O Noia Portus Apostoli FS “B” e o CD Albense FS empataron (2-2) nun encontro de alternativas, que corta a xeira de triunfos do Filial branco, pero permítelles continuar sumando por cuarta semana seguida.
O equipo de Chipi levou o temón do partido no primeiro tempo, contando con ocasións para adiantarse. Fíxoo ata o minuto 18, co tanto de Oliver Chenel. O pivote combinou con Nico Cuello e sorteou a saída do porteiro cun sutil toque. A alegría durou pouco, xa que os locais deron un arreón no tramo final e lograron o 1-1 antes do descanso.
De novo igualdade
Os tormesinos mantiveron a inercia tras o paso por vestiarios e ao 28’ de xogo completaron a volta á tortilla co 2-1. O Filial reaccionou de maneira instantánea, a través do segundo gol de Oliver Chenel, esta vez cazando un balón solto na área en acción de balón parado. Por diante quedaban dez minutos nos que, a pesar das intentonas de ambos, o 2-2 non se rompería. Nin sequera nos últimos 7 segundos, nos que, pola expulsión de Oliver Chenel, os noieses defenderon en inferioridade numérica.
Este punto en Alba de Tormes mantén aos noieses en 4ª praza con 10 puntos, a cinco do liderado e con tres sobre a zona de descenso.
Próximo partido
Os filialistas recibirán ao ADC Lugo Sala o domingo 1 de novembro ás 12:45h na 7ª data ligueira.
Ficha técnica
CD Albense FS: Marcos Alonso (p), Álvaro, Juan, Jorge Ramos e Jorge Blázquez. Tamén xogaron Marcos Hernández (p), Hugo, Augusto, Marcos Martín, Antón, Sergio Sánchez, Manjón, Guille e Sergio García.
Noia Portus Apostoli FS “B”: Mosquera (p), Cepeda, Nico Cuello (c), Iago López e Oliver Chenel. Tamén xogaron Cristian (p), Teo, César, André, Hugo de la Peña e Mario Fernández.
Goles: 0-1 Oliver Chenel (18’), 1-1 Marcos Martín (19’), 2-1 Sergio García (28’), 2-2 Oliver Chenel (30’).
Os árbitros Julián Polo Sánchez y Ángel Carballo Quijada, do comité estremeño, amoestaron con tarxeta amarela nos tormesinos a Álvaro (16’), Marcos Hernández (20’), Manjón (30’) e Jorge Ramos (30’). Nos noieses, amarela a Mosquera (7’) e vermella directa a Oliver Chenel (40’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 6 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal de Alba de Tormes.





Comments