top of page

PREVIA X7 LIGA PRIME FUTSAL – TORNEO APERTURA | Magna Xota FS - Noia Portus Apostoli FS | A reacción búscase en Pamplona

16 hours ago
3 min read
Sábado, 31/10/2026 · 11:15h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses tratarán de desquitarse da última derrota na súa visita a Anaitasuna (dom. 01/11, 16:30h. TV: DAZN).
Sábado, 31/10/2026 · 11:15h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses tratarán de desquitarse da última derrota na súa visita a Anaitasuna (dom. 01/11, 16:30h. TV: DAZN).

O mellor remedio para pasar páxina sempre é unha vitoria. Con esa máxima, o Noia Portus Apostoli FS quererá deixar atrás as adversidades e a primeira derrota da temporada na casa na súa visita ao Magna Xota FS, este domingo 1 de novembro ás 16:30h pola 7ª xornada do Apertura da Liga Prime Futsal.


Os noieses, aínda decimados por unha larga serie de baixas, confían en recuperar efectivos de cara a este importante desprazamento. Facelo permitiría aumentar unha curta nómina de xogadores do Primeiro Equipo dispoñibles e disputar con maiores garantías un duelo moi relevante de cara ao obxectivo. No caso de que non sexa posible, David Palmas terá á súa disposición a pezas do Filial que xa están sumando no traballo diario.


Colón e Charly, nomes propios na última saída | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Colón e Charly, nomes propios na última saída | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Sexa como sexa, o Portus Apostoli sabe que o camiño pasa por sacar a súa mellor versión, atitudinal primeiro e de xogo despois, para recuperar o sabor do triunfo, gañar por segunda data seguida lonxe da casa tras Cartaxena e continuar emulando os grandes números do pasado curso a estas alturas.


Un Magna Xota FS coa ‘flecha para arriba’


Despois dun verán de moitísima incertidume e un comezo ligueiro extremadamente complicado, o Magna Xota FS recibirá ao Noia indubidablemente no seu mellor momento. O motivo, a vitoria na anterior xornada sobre Wanapix (6-4), que lles permitiu non só gañar por primeira vez, senon estrear o peto de puntos e abandonar a zona de descenso. O equipo navarro, dirixido polo galego Gonzalo Iglesias ‘Morenín’, consta nas súas filas de moita xuventude e talento da casa, liderados por Asier Llamas, Ion Cerviño e Josu Mendive, os únicos tres que continúan da pasada campaña. Como fichaxes chegaron a Anaitasuna o porteiro Planillo, o peche Vatamaniuc, os ás Marc Campàs, Alan Rojas, Franco Grillo e Shunta Uchida e o pivote Bruno Petry.



Declaracións previas


O desprazamento

A expedición branca iniciou viaxe a Pamplona na mañá do sábado, parando para realizar o último adestramento previo en Guitiriz. A chegada ao hotel de concentración está fixada cara a noite sabatina.


Emisión en directo

En directo e en exclusiva a través de DAZN (baixo a subscripción ‘Premium’ ou ‘Fútbol’).


Árbitros

Carlos Panadero Díaz-Concha e Héctor Mayo López, do comité madrileño. Balance de tres vitorias, seis empates e tres derrotas.


Precedentes (balance oficial: 5V-0E-4D)

·8 de novembro de 2016 | Oitavos de final Copa do Rei FS 2016/2017 | NPA 2-3 MAG


·3 de decembro de 2022 | X11 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 1-2 MAG


·21 de abril de 2023 | X26 Primeira División FS 2022/2023 | MAG 3-6 NPA


·23 de setembro de 2023 | X3 Primeira División FS 2023/2024 | MAG 2-1 NPA


·14 de febreiro de 2024 | X18 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 7-3 MAG


·1 de novembro de 2024 | X4 Primeira División FS 2024/2025 | MAG 2-1 NPA


·25 de febreiro de 2025 | X20 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 5-1 MAG


·3 de outubro de 2025 | X5 Primeira División FS 2025/2026 | MAG 1-2 NPA


·14 de marzo de 2026 | X22 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 4-3 MAG

Comments


bottom of page