Novembro nómada

Novembro preséntase na folla de ruta do Portus Apostoli cun total de catro partidos, todos eles do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal.
O mes arranca o mesmísimo día 1. Ás 16:30h, os brancos visitarán ao Magna Xota FS na 7ª data. Será o primeiro de tres partidos lonxe da casa. O único no Mourís xogarase o sábado 7 ás 18:30h, recibindo ao Illes Balears Palma Futsal, en duelo adiantado da 8ª xornada. A semana seguinte será de parón para os noieses, que volverán á competición o sábado 21 ás 13:00h na cancha do Viña Albali Valdepeñas, partido que contará con emisión en directo por Teledeporte. O último compromiso do mes producirase no Pavillón Jorge Garbajosa do Inter JP Financial FS, o domingo 29 a partir das 13:00h, válido pola 10ª xornada do Apertura.
Xa podes mercar as entradas para o duelo ante o Illes Balears Palma Futsal, tanto no Local Social (rúa Carcasía, 7. Noia) como na plataforma online noiafs.compralaentrada.com/eventos.
Lembramos tamén que todos os partidos do Noia Portus Apostoli FS na Liga Prime Futsal se poderán ver a través de DAZN, tanto na modalidade de subscripción ‘Premium’ como na ‘Fútbol’.






Comments