VENDA DE ENTRADAS | Noia Portus Apostoli FS – Illes Balears Palma Futsal (X8 Liga Prime Futsal – Torneo Apertura; sáb. 07/11, 18:30h)

Xa están á venda as entradas para o partido correspondente á xornada 8 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Illes Balears Palma Futsal o vindeiro sábado 7 de novembro ás 18:30h no Municipal Agustín Mourís.
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS
ABONADOS
GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
Lembramos a todos os abonados que non vaian a asistir ao encontro a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura ou cun correo electrónico a administracion@noiafutbolsala.com ou WhatsApp ao 669 72 95 75 especificando número de abonado, nome e apelidos e DNI.
NON ABONADOS
·XERAL (+16 anos): 20€
·MOZO (-16 anos): 10€
Ao momento da entrada ao Municipal, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
·Dispoñibles na plataforma noiafs.compralaentrada.com/eventos.
·Tamén no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia), os mércores e venres en horario de 12:00h a 13:00h.
·Por último, o mesmo día do partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio.





Comments